Skip to Content

AVISO SOBRE DÍAS NON LECTIVOS

O venres 14 de maio, día non lectivo propio do centro, así coma luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, son días non lectivos, polo cal non haberá clase e o instituto permanecerá pechado. 

PASEO FOTOGRÁFICO

O Departamento de Portugués do noso instituto comezou o mes de maio cunha actividade ao aire libre, agora que tanta falta nos fai o contacto coa natureza. O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato gozaron de cadanseu paseo á zona da Pasaxe para participaren nun safari fotográfico, onde tiñan que localizar as poboacións da beira portuguesa e fotografar vocabulario estudado nas aulas.

Semana da Danza

O 29 de abril é o Día Internacional da Danza. No IES celebrámolo toda a semana con clases para toda a ESO a cargo de Rubén de Saa, bailarín, coreógrafo e profesor de danza.

ILUSTRA XELA

Xa podedes participar no "Ilustra a Xela", o novo concurso organizado polo EDLG do IES A Sangriña. Fai a túa ilustración de Xela Arias e acompáñaa cun(s) verso(s) da poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Dúas categorías, ESO e BACH + FPB, con dous premios por categoría.

Prazo: todo o mes de maio de 2021 Viva Xela Arias! Vivan as nosas Letras!

PARTICIPACIÓN NA OLIMPÍADA MATEMÁTICA

O pasado 29 de abril participamos na Olimpíada Matemática, na fase de zona, que tivo lugar no IES Castelao, en Vigo. O alumnado participante, Xiana Aldea González, Manuel Alonso Prado e Mario Castro Correa, de 2º de ESO, tivo que resolver cinco problemas de matemáticas en dúas horas.
Na fotografía, o alumnado acompañado polas profesoras de Matemáticas Edita Astrar e Laura Martínez.

Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

No IES A Sangriña as operacións financiadas pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Educación de Facenda e Administración Pública son as seguintes:

-        Ciclo Medio 1º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 2º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 1º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 2º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 1º Electromecánica de vehículos automóviles
-        Ciclo medio 2º Electromecánica de vehículos automóviles

Estas ensinanzas serán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 ”Investir na educación, na formación, incluída a Formación Profesional para o desenvolvemento das capacidades e aprendizaxe permanente” do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

ESCOITA RADIOTREGA!

Novos programas de RadioTrega!

1º Episodio de "As Pedras que Falan", o programa sobre a cultura antiga galaica de RadioTrega, realizado polo alumnado de 3º ESO A do IES A Sangriña: ligazón.

1º episodio de "Canta O Trega", o programa sobre os cantos de tradición oral en RadioTrega (alumnado de 3ESO): ligazón.

1º episodio de "Monótono Fungar", o programa de música galega en RadioTrega (alumnado de 3ESO C+D): ligazón.

CHARLAS DE DIVULGACIÓN DA UVIGO E A USC

Coa charla do pasado venres 16 de abril dáse por rematada a programación de charlas de divulgación científica e humanística no curso actual, organizadas desde o departamento de Orientación e departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Latín, e Grego, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago.
Todas elas tiveron unha grande acollida e satisfacción por parte do alumnado ao que ía dirixido dos cursos finais de etapa, polo que agardamos continuar a colaborar para o vindeiro curso coas tres universidades de Galicia, ampliando á Universidade da Coruña.

Desde aquí queremos agradecer ao profesorado universitario que se trasladase ata o noso IES para procurar que os relatorios se desenvolvesen de xeito presencial.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado día 24 de marzo aprobouse no claustro o programa TEI (Titoría entre iguais) e que xa se está a desenvolver desde o segundo trimestre co alumnado de 1º e 3º ESO. O programa de “Titoría entre iguais” trata de sensibilizar contra o acoso escolar e promove un modelo de relación entre compañeiros e compañeiras baseado no respecto mutuo, a corresponsabilidade e a solidariedade. Alumnado de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del ou dela coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, resolver os conflitos mediante o diálogo, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan a violencia e o acoso.

Ante as circunstancias actuais e debido a necesidade de continuar cos protocolos Covid, tivo que ser adaptado e o obxectivo para este curso é inicialo no centro con actividades de sensibilización e de convivencia dentro do grupo, a desenvolver nas sesións de titoría. Coa aprobación do claustro do dito program, o noso IES A SANGRIÑA entra a formar parte da gran Rede Nacional de centros TEI, na que están implantando o Programa de Andrés Bellido (psicólogo) creador deste método que se desenvolve en mais de 1000 centros de toda España para a mellora da convivencia, prevención da violencia e acoso escolar.

Para obter máis información sobre o programa TEI e o problema do acoso escolar, recomendamos o visionado do programa á carta de RTVE "Crónicas", dedicado ao acoso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut