Skip to Content

A CACHADA EN OLLOBOI 2019

O 9º festival audiovisual olloboi celebrouse o pasado venres 10 de maio e o noso centro asistiu con 32 rapaces e as profes Matilde, Silvia e Ana.
 
Na programación de mañá do festival, a Muchachada Matiné, o alumnado dividiuse en 3 grupos que traballaron con outras tantas parellas creativas documentándose, gravando o son, planificando a peza, producíndoa, gravándoa, montándoa e, nun dos casos, mesmo creando in situ a BSO.
 
O alumnado de 4º realizou a peza Analepse xunto a Sandra Lesta e Sonia Méndez (guionista e directora da web serie de Play Z Antes de perder); un grupo de 3º fixo un docu sobre as mulleres no mundo da carpintería (E por que non elas?)de ribeira xunto ó realizador Luis Avilés e a actriz Carmen Méndez (Luis acaba de sacar á luz o documental Idénticas); o terceiro grupo editou a peza Prohibido coger cabeza, xunto a Miguel de Lira e Quique Otero, que non traballaran xuntos desde Crebinsky. Esta curta gañou o premio da Muchachada.
 
Na entrega de premios Olloboi tamén fomos recoñecidos co Mellor Montaxe pola peza Comeza o xogo. Varios dos artistas presentes valoraron a calidade da curta como de nivel profesional, así que aí van os nosos parabéns a Carlos López, Elisa Segade, Sara Ordóñez, Alicia Guijas, Sergio Castiñeiras, Carla Vidal e Asier Torrado.
 


blog | by Dr. Radut