Skip to Content

Co alumnado de 1º... APUNTÁMONOS A NON BEBER!!!

O obxectivo deste programa era dar saída a una liña de traballo baseada na prevención do consumo de alcol nos menores do noso centro educativo e atrasar o inicio do seu consumo. Entendíamos que o programa era una oportunidade para abordar a prevención do consumo de alcol nos adolescentes no propio contexto escolar dunha forma contextualizada, interdisciplinar, rigorosa e sistematizada. A súa posta en marcha corroborou esa idea inicial. O diálogo sobre o tema entre os adolescentes, a formación impartida pola experta, a mediación do profesorado ante o enfrontamento a problemas cercanos asociados co tema, a análise das consecuencias do consumo e a reflexión paulatina sobre o tema a través de distintas actividades e das titorías semanais, a búsqueda de información publicitaria pro consumo e a súa análise crítica, son algunhas das estratexias que facilitaron a consecución da finalidade do programa.

Algunhas das variables máis importantes nas que se sustenta o consumo de alcohol en adolescentes, como son, a asociación alcohol diversión,a manipulación pro consumo a través da publicidade e a pouca percepción de perigo desta conduta de risco, foron significativamente cuestionadas. O fundamental para nós era que o alumnado reflexionase sobre os motivos do inicio no consumo do alcol, o patrón de consumo nos adolescentes, as consecuencias a corto prazo do consumo e a importancia do tempo de lecer no desenvolvemento persoal.

O traballo coas familias, a través dos Espazo Familia dirixido pola técnico do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas, foi moi enriquecedor para sensibilizar e estudar a posición dos pais e das nais ante o inicio do consumo e propoñer estratexias de prevención e control parental.



story | by Dr. Radut