Despois das vacacións adicamos a 1ª sesión a unha xornada lúdica con globos, aproveitando tamén para traballar a respiración, a lateralidade, coordinación,...
canto xogo dan os globos!!
Despois das vacacións adicamos a 1ª sesión a unha xornada lúdica con globos, aproveitando tamén para traballar a respiración, a lateralidade, coordinación,...
canto xogo dan os globos!!
Aquí vai unha mostra dun ensaio do baile de nadal. Non é que nos saia moi ben, de momento, pero xa veredes o día do festival.
Agardamos os vosos aplausos.
Estes son os debuxos que recollemos neste 1º trimestre en E. Física, non son moitos pero pouco a pouco vaise enchendo o taboleiro coas vosas creacións.
Agardamos que para xaneiro traiades máis. Grazaaaas!!
Estamos ensaiando o baile para o festival de nadal e o tempo que nos queda aproveitamos para xogar libremente. Mirade cantas ideas temos:
Este é o equipo improvisado de rugbi:
Estes son os loitadores do monstruo gris:
E, por último, temos o equipo das construccións creativas:
Alguén quere vir xogar connosco?
En Primaria, na área de E. Física, damos a coñecer a pirámide dos alimentos e fomentamos unha alimentación saudable.
Grazas aos nosos compañeiros da ESO e á profe Ana que nos elaboraron, na clase de tecnoloxía, uns camiños en cartón para xogar coas castañas.
Mirade que chulos!!
Aí van outros exemplos de xogos con castañas previos ao magosto.
Tiramos á raia a ver quen se achega máis sen pasarse.
Castaña-culler sen que caia e probando diferentes posturas, cal é máis difícil?
Tamén podemos facer malabarismos, xogos con cancións,... aí vai unha, aí van dúas,...
Preparádevos castañas que xa queda menos para o magosto!!
Xa temos o magosto aí preto e para ir preparándonos nada mellor que uns xogos con castañas.
Os nosos come-castañas están agardando.
Traballamos a habilidade manual cos camiños de castañas. Mirade que ben o pasamos:
Estade atentos porque o próximo día faremos máis xogos, e tamén prepararemos o baile do ourizo.
Canto medramos desde o curso pasado!!
Despois de pesarnos e medirnos de novo xogamos ás galiñas e aos vermes, así percibimos a noción de peso dos nosos compañeiros.
Recuperamos o contacto cos compañeiro/as, o paracaídas é unha boa ferramenta para traballar a cooperación.
Cos máis pequenos xogamos ao tren de Martiño, chu, chu, chu...
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |