Terceiro Ciclo

AS NOSAS MASCOTAS E A NOSA ÁRBORE DAS POESÍAS

Estes son Pinchi-Pinchi e máis Pinchín, as mascotas da aula de 5º. Pasan cada día na casa dun alumno, que os coida e xoga con eles ademáis de escribir e debuxar nun pequeno libriño algunhas anécdotas que lles acontecen, por exemplo: Pinchi-Pinchi gañoulle a Joel nun campeonato de aguantar miradas. Claro, con eses ollazos!!

E esta que segue é a foto da nosa árbore das poesías que, de momento, está sen follas. A ver se nos vén a inspiración e a enchemos cos nosos poemiñas. 

Animádevos a escribir!

 

OBRADOIRO DE ABAGAL

O venres 22 de novembro a asociación ABAGAL estivo no noso cole, co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, para concienciarnos sobre a prevención dos trastornos da conduta alimentaria.

Aquí vemos a Dani falándonos sobre os beneficios dunha alimentación saudable:

 

Mediante a dinámica de grupos pequenos traballamos os hábitos alimenticios e coa pirámide dos alimentos. Aprendemos un montón de cousas que agora hai que poñer en práctica. ALIMËNTA-T BEN!!

 

 

APRENDEMOS

Os neno/as de 5º aprendemos moito sobre o Parque Natural das Illas Atlánticas usando os nosos ordenadores portátiles

 

 

QUE RICAS!

O noso compañeiro Iván Iglesias invitounos a probar as deliciosas galletas de cabazo que preparou na casa.

Mirade que boa pinta teñen

 

Ademáis de nutritivas estaban riquíiiiiisimas. Moitas grazas a Iván e á súa mamá que lle axudou a preparalas.

APROVEITAMOS OS RECURSOS E COIDAMOS A NATUREZA

 Como estamos estudando a vexetación de Galicia aprendemos a aproveitar os seus recursos.

Vede cantas ideas nos saen a partir dos carrabouxos ou bugallos dos carballos:

 

Cacerolas, caras, gafas, vermiños, xoguetes,... non hai lindes para a imaxinación.

A quen se lle ocorre algo diferente?

E tamén podedes observar un pequeno invitado que se coou no cole hoxe pola mañá

 

Con toda dozura Iván F. ceiba o paxariño nos arredores da escola.

Que gusto da protexer e coidar a natureza!

SAMAÍN

 

 

Mirade que chulas nos quedaron as cabazas dos nenos de 5º.

Moitas grazas ás familias por colaborar coa tarefa de recuperar a tradición.

Estamos á espera de probar os bolicos, as rosquillas ou o caldo de cabazo.

Quen se anima a traer a proba?

CONTROL C. MEDIO 5º

O vindeiro martes 15 de outubro  teremos o control do tema 1: RELEVO E RÍOS DE GALICIA.

LINGUA GALEGA

Os alumno/as de 5º terán un control do 1º tema de lingua galega o vindeiro xoves 3 de outubro.

Brevemente tamén teremos o control do 1º tema de C. Medio, ide repasando todo o que demos ata o de agora.

A AUGA

Rematamos o curso coa montaxe, coa axuda de Adriana e o alumnado do PDC, do mural coas fotos feitas polos neno/as de 5º sobre as nosas augas. Mirade que espazos tan bonitos temos no noso Concello:

 

E despois de tanta auga, que ben que choveu este ano..., merecémonos unhas vacacións de sol e calor. Que pasedes todos un bo verán!

Un saúdo de Jose Risa

A HORTA

Mirade como medran as plantas da nosa horta e máis a nosa plantación de millo.


 


        


Velaquí Álvaro orgulloso da súa "leira de millo". Xa nos invitarás a palomitas!


       

Powered by Drupal - Design by artinet