Novas

PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE

Bo día:

O Concello de Dodro, ven de iniciar un Plan de Mobilidade Sustentable. Este servirá como ferramenta de planificación estratéxica do seu territorio a través do fomento dunha mobilidade sustentable, que procure unha accesibilidade universal e implique transformar múltiples hábitos da mobilidade. A implantación de formas de desprazamentos máis sustentables (camiñar, bicicleta, transporte público)está estreitamente ligada á redución da contaminación, á mellora da contorna dos núcleos de poboación e ao impulso da inclusión social.
Como inicio do proceso de toma de datos, o equipo redactor xa comezou a avaliar a calidade do espazo público e localizar aqueles puntos sobre os que resultaría de especial interese actuar. Con este obxecto poñemos a disposición da poboación unha consulta dixital online na que calquera persoa residente neste termo municipal terá a opción de participar, de xeito que sexa posible coñecer tanto as demandas e propostas, como os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas en relación ao Plan de Mobilidade Sustentable.

O cuestionario online, é de carácter anónimo e poderá cubrirse ata mediados de Marzo. Deixamos aquí o enlace á mesma para que a cumprimentedes:
http://plandemobilidade.com/dodro/

De xeito adicional poderán enviarse suxestións ao correo seguinte correo electrónico:
dodro@plandemobilidade.com

A necesidade de desenvolver un Plan de Mobilidade no Concello de Dodro xorde a raíz da crecente preocupación polo medio ambiente e o fomento de modos de transporte sustentables.

Graciñas pola súa colaboración, un saúdo.

AS PEGADAS DE ROSALÍA

A Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro organiza, xunto cos outros concellos que forman parte do proxecto As Pegadas de Rosalía e que integran a Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Padrón e Santiago), unha andaina para o vindeiro 8 de marzo.
Esta actividade recibe o nome de Andaina "Rosalías da Vida" e sairá das Torres de Hermida (Lestrobe) para rematar na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. A participación na mesma é gratuíta e inclúe servizo de autocar para o regreso ata o punto de orixe, compre realizar inscrición previa pois as prazas son limitadas.

 



ACTIVIDADES DO CONCELLO

Actividades que a Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro desenvolverá nos seguintes días:

 

 

ENLACE

 

 

ENTROIDO NO CONCELLO

O Concello de Dodro celebra o vindeiro martes, 25 de febreiro, o concurso de disfraces do Entroido 2020, animamos a toda a poboación a participar, e achegamos o cartel, o documento de inscrición e enlace ás Bases de participación con toda a información:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/04/2020_0000000636.pdf

 

 

 

PRESENTACIÓN DE OBRAS LITERARIAS

Achegamos información, no cartel adxunto, sobre a presentación de dúas obras literarias do escritor Anxo Angueira na Biblioteca Municipal, este venres, 31 de xaneiro. Actividade na que contaremos coa participación do propio autor e do escritor, Manuel Lorenzo Baleirón.

Graciñas, un saúdo.

Natividad Lorenzo Campos
Animadora cultural
Concello de Dodro

ACTIVIDADE DE INTERESE PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Prezada/o amiga/o; 

 

Comprácenos remitirlle o programa do XIV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que terá lugar os días 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020, na casa da cultura Ramón Martínez López, en Boiro.

 

Agardamos que o programa sexa do seu interese:

 

Si está interesada/o en asistir, pode formalizar a matrícula:

 

-          directamente a través da nosa plataforma dixital: www.centroarqueoloxicodobarbanza.org  

 

-          remitíndonos un correo cos seus datos á info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, ou centroarqueoloxicobarbanza@gmail.com

 

-     ou, pinchando aquí

 

 

modalidade libre é gratuíta e con aforo limitado, polo que é preciso formalizar a matrícula.

 

Existe unha modalidade de matrícula certificada cun custe de 15 euros, tamén con aforo limitado, para aquelas persoas que requiran da homologación do curso para as seguintes circunstancias:

 

-Alumnos da USC que soliciten o recoñecemento como crédito ECTS ou como actividade de formación do Programa de doutoramento de Xeografía, Historia e Historia da Arte.

-Docentes dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (actividade de formación de 12 horas)

-Certificados de asistencia

 

 

Para calquera dúbida, pódense pór en contacto coa secretaría do evento.  

 

 

Saúdos cordiais

 
Atentamente, 
 
 
 
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Lugar de Neixón, s/n
15991 Cespón (Boiro, A Coruña)
Tfnos: 981843810 -647922210
FAX: 981843823

ACTIVIDADES DO CONCELLO XANEIRO

Información sobre actividades  de Nadal organizadas polo concello para xaneiro:

 

MÁIS ACTIVIDADES DO CONCELLO

Adxuntamos información de novas actividades organizadas polo concello:

ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO

O Concello de Dodro desenvolverá, nas vindeiras datas, distintas actividades que poden ser do seu interese. Achegamos toda a información nos documentos adxuntos.
Graciñas, un saúdo.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet