Actividades

XORNADA DIVULATIVA ORGANIZADA POLO CONCELLO

O concello de dOdro organiza unha xornada divulgativa e ruta guíada sobre Etnomedicina e sabedoría tradicional a cargo de Maria Moure de Oteyza, autora do traballo "María das Herbas e Herbareixeiras do Caurel", licenciada en farmacia e experta en plantas medicinais, que terá lugar o domingo 4 de decembro, ás 11.00 horas na Casa da Cultura de Dodro.

Esta actuación, coa que o Concello de Dodro colabora, enmárcase no proxecto multidisciplinar A OLLADA DE GUSTAV, apoiado pola liña de axudas "Territorio cultura" da Xunta de Galicia aplicando Fondos Next Generation da UE.

Proxecto inspirado na figura de Gustav Henningsen, folklorista e antropólogo danés que, entre os anos 1965 e 1968, visitou Galicia para estudar as prácticas utilizadas polo campesiñado galego para conxurar e combater conflitos e andazos que aqueixan a vida das persoas, do seu gando e das colleitas. Remedios que as xentes do rural galego usaban e que contrastaban cos aplicados pola medicina e a veterinaria oficiais (científica e urbanas). Gustav Heningsen procuraba coñecer a dimensión máxica de "expertos" e curandeiras. O seu traballo nos anos sesenta é unha das máis reveladoras intervencións feitas sobre o noso acervo cultural.

ACTIVIDADES DO CONCELLO

O concello de Dodro organiza actividades sobre voluntariado europeo e xornadas de formación para mulleres:

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO

O concello de Dodro vén de organizar dúas interesantes actividades para este outono:

FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA

Nos carteis teñen información sobre as actividades incluídas no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA que se celebrarán en Dodro a comezos de xullo:

HERBAS DE SAN XOÁN

O concello organiza un obradoiro sobre as Herbas de San Xoán:

CLUB DEPORTIVO DODRO

O Club Deportivo Dodro organiza unha xornada de portas abertas o día 2 de xullo de 2022:

ACTIVIDADE DO CONCELLO

O Concello de Dodro organiza unha actividade en colaboración con Andaina Pro Saúde Mental sobre a prevención do suicidio:

MÁIS ACTIVIDADES DO CONCELLO PARA O MES DE MAIO

O concello vén de organizar, para o 18 de Maio, a presentación do libro "Palmeiras, piueiros" de Anxo Angueira:

ACTIVIDADES DO CONCELLO LETRAS GALEGAS

O concello de Dodro organiza actividades interesantes para conmemorara o día das Letras Galegas 2022:

 

ACTIVIDADES PARA AS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO

No cartel poden acceder á informacións das actividades organizadas polo concello para o Día das Letras Galegas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet