RECORDATORIO PARA O ALUMNADO DA ESO

  RECORDAMOS AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE AS NOTAS CORRESPONDENTES AOS EXAMES DE  SETEMBRO SERÁN ENTREGADAS O DÍA 07 ÁS 12:00 HORAS E O PERIODO DE RECLAMACIÓNS SERÁ OS DÍAS 7 E 10 DE SETEMBRO.

Informe Evolución Académica do noso alumnado 2012

Á vosa disposición está o informe sobre  a evolución  académica dos nosos alumnos durante o tempo que estiveron escolarizados no centro e a súa evolución e logros en anos posteriores. Facendo click accederedes a dito informe.

 

NOTA INFORMATIVA

 

O listado de libros de texto pode ser consultado na sección de "libros de texto" en "Secretaría"

PARA CALQUERA CONSULTA SERÁN ATENDIDOS NO 981 80 22 05.

CARAPORQUIÑA VERMELLA NOS VISITA.....

Hoxe tivemos o inmenso pracer de desfrutar, de man de Xan Pérez,  da obra de títeres que leva por título "Caraporquiña Vermella". Podedes ver alguna das fotos na nosa galería no álbum TITERES.

Esperamos que vos gusten case tanto como lles gustou o espectáculo aos nosos alumnos e alumnas de primaria!!!!!!!


PLANTACIÓN DE ACIVROS

O pasado venres 16 de marzo realizamos o transplante dos nosos carballos a uns recipientes máis grandes xa que, debido a este tempo de sequía, non os puidemos plantar no monte.  Os recipientes foron traídos da casa polos nosos alumnos e alumnas que, como bos ecoloxistas, procuraron materiais de refugallo como caldeiros e macetas vellas. Tamén levamos a cabo a  plantación de catro preciosos acivros cedidos xenerosamente pola Asociación de Comerciantes do Concello de Padrón.

Coma sempre as nosas fotos na galería en "PLANTACIÓN DE ACIVROS".

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A actividade desenvolvida consistiu na participación das alumnas de Secundaria que escribiron frases relacionadas coa discriminación da muller e, acto seguido,  os seus compañeiros de clase as borraron utilizando auga e unhas escobas mostrando deste xeito a súa repulsa a actitudes contrarias á igualdade. Ao tempo que se facía esto unha alumna leía todas as frases para que os alumnos/as de Primaria, que asistiron ao acto, poideran escoitalas. Unha vez rematado esto o alumnado de Primaria fixo entrega duns "pins" que eles mesmos confeccionaron oas seus compañeiros de Secundaria.

Novo álbum de fotos da actividade realizada para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Coma sempre na nosa GALERÍA fotográfica.

FOTOS DO ENTROIDO 2012

PODEREDES VER AS FOTOS DO ENTROIDO ACCEDENDO Á GALERÍA NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS E ACTIVIDADES DO COLEXIO.

 

 

.

TEXTO ESCRITO POR LEOPOLDO ABADÍA

Picando no enlace poderedes ler un artigo escrito por Lepoldo Abadía, profesor e escritor español.

ATAQUE DO VALEDOR DO POBO Á NOSA LINGUA

RECTIFICACIÓN INMEDIATA OU DIMISIÓN !!!!!!

Accedede ao escrito enviado á Consellería polos Equipos de Normalización Lingüística  e apoiado polo noso Claustro de Profesores.

CONCENTRACIÓN PROTESTA CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO

Na mañá de onte os alumnos/as, profesores/as e pais e nais do noso centro fixemos unha xuntanza durante o recreo para protestar polos continuos recortes que a Consellería está a facer no ensino público galego. Dende aquí queremos agradecer a aqueles pais e nais que fixeron o esforzo de atopar un oco para participar neste acto e apoiar a todos os estudantes da nosa comunidade.

GRAZAS A TODOS, PAIS, NAIS, REPRESENTANTES DAS ANPAS, PROFESORADO  E ALUMNADO POR LOITAR POR UN ENSINO PÚBLICO GRATUÍTO E DE CALIDADE !!!!!!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet