OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS COCIÑAN

Dende o Departamento de Benestar Social e Igualdade  do Concello de Dodro promoveuse a campaña " En Dodro toca....a corresponsabilidade". Unha das actividades desenvolvidas foi un concurso de receitas dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria.

Presentáronse 26 pratos, doces e salgados, feitos polos alumnos/as. Os gañadores/as foron: Cristina Torres Vigo coa súa boísima receita de Tarta de Tres Chocolates, Iria Doval Rial cun estupendo Pastel de Carne e Anxo Susavila Otero que  pre sentou a orixinal Ensalada "Teaio".

Todo o alumnado participante recibiu un pequeno agasallo pola súa participación.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!!!!

 

Podedes ver as fotos do acto na nosa galería de fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet