Os Trompos

Ao longo deste primeiro trimestre, dentro do proxecto INTERXERAMOS, adicamos moito tempo aos xogos tradicionais e, dentro destes, o trompo ocupa un lugar de honor. Non tanto polo xoguete en si como polos momentos compartidos cos avó/as, nais/pais... Velaquí demostracións entre a leña, na cociña, no corredor, no garaxe, na eira... calquer lugar é bo para a práctica deste xogo e as posibilidades son infinitas.
Agradecemos ás familias a colaboración prestada para que este proxecta vaia adiante.
Deixamos unha presentación cos videos presentados.

Powered by Drupal - Design by artinet