OLLOBOI 2020

O noso alumnado participa na convocatoria dos premios Olloboi 2020. Tres dos vídeos elaborados durante o confinamento foron seleccionados e agora toca votar!!

Os vídeos seleccionados foron:

"Viruspacito", de Xián Rial (1º ESO) e Adela Rial (2º Primaria).
"Confinamento nunha casa vs nun piso", de Adela Recarey (1º ESO).
 "Desescalando poemas", dos grupos 2º ESO A e 2º ESO B.

Para votar teredes que entrar no enlace, baixar na páxina ata "Olloboi COVíD-eo doméstico", picar no/s vídeo/s seleccionados e votar.

Lembrade que hai dúas categorías: o Premio do Público e o Premio do Equipo Olloboi. Para o Premio do Público precisamos da vosa colaboración, pois recibirao o VÍDEO MÁIS VOTADO. Podedes votar por máis dun vídeo, mais un único voto por cada un.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!

ENLACE AOS VÍDEOS E VOTACIÓN

 

Powered by Drupal - Design by artinet