SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DENDE O CONCELLO DE DODRO

 

Imos construír unha CÁPSULA DO TEMPO coas palabras da nosa lingua que queremos preservar para o futuro.

 

Envíanos un vídeo, audio ou texto coa túa palabra e explícanos a escolla. Compartiremos as achegas no Facebook do Concello e con elas deseñaranse uns marcapáxinas que serán distribuídos dende a Biblioteca Municipal.
Enviade por:

 

-Mensaxe de Facebook.

 

-No voso Facebook, Instagram ou Twitter co cancelo #LetrasEnDodro

 

-cultura@dodro.gal

 

630744148

Powered by Drupal - Design by artinet