ROTEIRO LITERARIO SECUNDARIA

O luns día 20 de xaneiro, facendo caso omiso do frío, o alumnado de ESO participou nunha andaina polo concello para participar no Roteiro Literario " Os Días Olvidados" que fai un percorrido lembramdo a memoria e obra do poeta dodrense Eusebio Lorenzo Baleirón e no que se visitou a casa onde nasceu, os lugares que visitou e que o inspiraban, o Pazo de Tarrío, o pozo do Conxeiro, o cruceiro de Rial de Lagoa, as súas queridas brañas.... A actividade foi organizada polo Servizo Municipal de Deportes de Dodro e dentro do Proxecto de Prácticas Educativas Saudables que desenvolve o centro este curso no Plan Proxecta.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet