TRAMPAS PARA VESPA VELUTINA

O alumnado de 1º de ESO, dentro da materia de Bioloxía, construiu trampas para capturar vespas velutinas que, nesta época saen dos niños para colonizar novas zonas. Estas trampas foron realizadas con material de refugallo e foron colocadas no cole e tamén nas diferentes áreas onde residen estes alumnos e alumnas. Esperamos poder así axudar a erradicar esta especie que causa estragos nas colonias doutros insectos autóctonos, en especial nas das abellas.

Como novidade, comentar que a receita da substancia atraínte que se introduce nas trampas será elaborada polo propio alumnado de xeito experimental.....a ver que resultado dá.

Powered by Drupal - Design by artinet