Onte, xoves 10 de novembro, o alumnado de Primaria desprazouse a Rianxo para vivir unha xornada deportiva e con ambiente mariñeiro.
Como eramos moitos repartímonos en tres grupos e fomos rotando para coñecer un pouquiño a vida nesta vila.
Vimos as casas dos escritores ilustres rianxeiros: Rafael Dieste, Castelao e Manuel Antonio e visitamos o museo deste último.
Visitamos tamén a Aula Activa do Mar onde aprendemos sobre diferentes artes de pesca: a francada, as nasas, a liña,...e o Museo do Mar rianxeiro.
A continuación achegámonos ata a piscina municipal, onde practicamos natación, deporte de sala, zumba,... e ensináronnos as instalacións e o seu funcionamento.
Foi unha mañá intensa, na que aprendemos un montón ademáis de practicar deporte.
Desde o CPI de Dodro queremos agradecer aos monitores do Concello e aos da piscina municipal o bo trato e atención recibidos. Aprendemos moito convosco.
Volveremos noutra ocasión!!