ADMISIÓN NA FP BÁSICA. CURSO 2017-18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión nos ciclos de FP básica para o curso 2017-18 abrangue abrangue do 1 ao 12 de setembro.

Presentarase unha única solicitude de admisón no centro elixido en 1ª opción (modelo de solicitude)e adxuntarase a seguinte documentación: copia DNI ou NIE, comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos  e certificado de discapacidade, se procede.

Requisitos de acceso á FP Básica:

  • Ser proposto/a polo equipo docente doc entro de procedencia.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos: facer 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo e non estar en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Calendario de admisión e matrícula

Oferta de ciclos formativos de grao básico para o curso 2017-18

Oferta de ciclos básicos no CIFP A Xunqueira

CB Electricidade e electrónica:20 prazas. 2 reserva persoas con discapacidade

CB Carpintaría e moble: 20 prazas, 2 reserva para persoas con discapacidade

Normativa de referencia