Skip to Content

Novas

Novas en Relación ao Desfile Infantil de Entroido

Coa comunicación oficial da suspensión do Desfile de Entroido Infantil, non se fixo ningunha comunicación oficial dende o centro porque estivemos agardando polas decisións que se adoptaban na  reunión que se mantivo hoxe ás 14:00 horas no Concello de Verín para ver como se ía actuar.

O acordo que se adoptou na mesma foi o aprazamento do Desfile para o xoves día 15 de febreiro, se as condicións climáticas e organizativas o permiten. Polo tanto, mañá xoves o noso centro non fará o desfile previsto dentro do pavillón escolar  e estudaremos a participación na nova convocatoria que por parte do Concello de Verín nos fixeron para o Desfile Infantil de Entroido para a data citada anteriormente.

Mañá o alumnado poderá acudir disfrazado ao centro se así o desexa e reservaremos o disfrace feito (foguetes, alieníxenas e astronautas) para o próximo xoves 15.

O noso centro non considera oportuno participar na alternativa proposta polo Concello de Verín dado que no Pavillón Municipal de Deportes non ían poder acceder as familias.

Desfile de Entroido 2024

O xoves, se as condicións meteorolóxicas o permiten, celebrarase o Desfile de Entroido Infantil. Primeiro desfilaremos en Riós ás 10:30 para posteriormente baixar a Verín para o gran Desfile que comezará ás 11:45 horas.

Tristemente a previsión meteorolóxica para o xoves é de chuvia polo que estamos agardando que decisión se toma dende o Concello de Verín. Unha vez teñamos noticias informaremos por esta canle ou por Abalar. 

No caso que o desfile se suspenda quedaremos no centro. Ás 12:30 desfilaremos no pavillón do colexio. Este acto estará aberto ás familias. O acto non se alargará máis das 13:15 horas para que o alumnado poida facer uso do servizo de comedor escolar.

PILABOT: Recicla con enerxía!

Este curso, fomos un dos 150 centros seleccionados para participar no Concurso Pilabot.

Iniciamos a nosa 2ª participación nesta iniciativa que ten por obxectivo fomentar a recollida de pilas e acumuladores así como informar e concienciar ao noso alumnado sobre a necesidade de reciclalos.

O alumnado levará para casa unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, traerán as pilas ata o centro onde as depositaran nun contedor. Os dous centros que máis quilos de pilas recollan en total e os dous que máis quilos recollan por alumno obterán un premio para a compra de material escolar. Os premios son de 2.500€ e 1.250€ polo que animádevos a participar!

Reserva de praza curso 2024-2025 (Só alumnado de 6º de Ed.Primaria

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se reugla a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato, comezamos o prodecemento de admisión para o curso académico 2024/2025.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar estudos no centro de adscrición IES Castro de Baronceli, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira) entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de 2023 o modelo normalizado (ED550A) facilitado polo centro.

No seguinte enlace podedes descargar o modelo de solicitude. 

Nota da Inspección Educativa: A reserva de praza ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitudes de admisión noutro centro. 

Envío dende o Polo Norte

Hoxe, 19 de decembro recibimos un paquete express directo nada máis e nada menos que do Polo Norte. Nel, atopamos unha caixa do correo de Papá Noel!

Precisamente foi el quen lle encargou a uns elfos e elfas máxicos un encargo tan sumamente especial. Eses elfos tan máxicos son deses que en pouco tempo métense no teu mundo, no teu universo, que te agasallan coa súa maxia e que dalgún xeito chegan para quedar. Seica algúns, estes días andan polas casas vixiando aos nenos e nenas!!! Fixádevos se son marabillosos que en días de tanto traballo foron quen de non esquecerse de nós e facernos chegar ese envío tan especial!

Vaia sorte recibir tanta maxia nun agasallo... e, a nós que tanto nos gusta o Nadal os agasallos así aínda nos enchen moito máis de ilusión.

Agora, é a quenda do noso alumnado, que entre mércores e xoves deberá escribir as súas cartas e a ver que atopan á volta!!!

E así de chulo loce no noso cole!!!

Período de vacacións de Nadal do curso 2023-2024

Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 22 de decembro de 2023 ata o 5 de xaneiro de 2024, ambos inclusive, reanudando a actividade lectiva o luns, 8 de xaneiro de 2024 no horario habitual.

Do mesmo xeito informamos que as cualificacións da primeira avaliación serán publicadas na plataforma ABALAR, o xoves 21 de decembro a partires das 16:00 horas.

Aproveitamos para desexar a toda a Comunidade Educativa unhas Boas Festas e un Próspero 2024.

"Está o que coñecemos, que é estreito. Está o que sentimos, que é infinito". Christian Bobin

Días non lectivos mes de decembro

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades os vindeiros MÉRCORES 6, XOVES 7 E VENRES 8 DE DECEMBRO non haberá clases. A actividade lectiva reanudarase o luns 11 de decembro no horario habitual.

Libros de texto curso 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut