Skip to Content

Novas

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (Só alumnado de sexto de Educación Primaria).

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2023/2024.

Por este motivo lembramos as seguintes cuestións de interese relativas ao proceso:

O alumnado de SEXTO DE PRIMARIA que queira continuar estudos no centro de adscrición (IES Castro de Baronceli), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira) entre o 16 de xaneiro eo 6 de febreiro de 2023 o modelo normalizado (ED550A).

Tamén pode cubrir dito formulario a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ no menú Solicitudes - Reserva - Crear.

Feito isto pode optar por:

-Imprimir dito formulario e achegalo a este centro.

Período de vacacións de Nadal do curso 2022-2023

Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na súa Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive, reanudando a actividade lectiva o luns, 9 de xaneiro de 2023 no horario habitual.

Do mesmo xeito informamos que as cualificacións da primeira avaliación serán publicadas na plataforma ABALAR, o xoves 22 de decembro a partires das 16:00 horas.

Aproveitamos para desexar á toda a Comunidade Educativa unhas Boas Festas e un Próspero 2023.

Calendario escolar. Días non lectivos

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, os vindeiros LUNS 31 de outubro e MARTES 1 de novembro non haberá clases.

A actividade lectiva reanudarase o MÉRCORES 2 de novembro no horario habitual.

 

DESEÑANDO NOVOS ESPAZOS

Contamos dende fai días cunha nova creación feita por Pablo Fernández Alves (Ñaco), ex-alumno do centro. Toda a comunidade educativa queremos agradecerlle este traballo que fixo dun xeito altruísta e con tanto agarimo. Esta fermosa aguia estará para sempre no noso patio, grazas ás moitas horas de traballo e dedicación que Ñaco puxo na súa fermosísima obra.

Este traballo englóbase na actuación que o Concello de Riós fixo durante os primeiros días do mes de setembro, para proceder á limpeza do patio.

Aquí podedes ver ao artista rodeado por parte do noso alumnado agradecéndolle o seu traballo.

Moitas grazas, Ñaco!

Distribuir contido


by Dr. Radut