Skip to Content

Novas

Arranxo pavillón

Despois das xestións realizadas dende a dirección do centro coa Xefatura Territorial de Ourense hoxe deron comezo as obras de arranxo e reposición do tellado do pavillón. Por ese motivo, algunhas das actividades lectivas poden verse alteradas. 

Dende o CEIP Plurlingüe das Vendas da Barreira continuamos traballando para que o noso alumnado, que é o máis importante, teña unhas mellores instalacións onde desenvolver a súa actividade. 

FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

O sábado 20 de maio de 2023 publicouse no DOG a Orde da convocatoria de fondo libros, axudas para libros e material escolar. 

1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: pode solicitalo o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Educación Primaria (curso 2023-2024).

-Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros

-Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros. 

-Alumnado en situación de garda ou tutela da xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior a 65%: 6 libros, con independencia da renda. 

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes de admisión para o curso 2023-2024

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido para o vindeiro curso.

Todo o alumnado do que se presentou a solicitude en prazo ESTÁ ADMITIDO.

Período de vacacións de Semana Santa

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o período de vacacións de Semana Santa abrangue dende o LUNS 3 DE ABRIL ATA O LUNS 10 DE ABRIL ámbolos dous incluídos.

As notas correspondentes ao 2º trimestre publicaranse en Abalar o venres 31 de marzo ás 16:00 horas.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

                                           INSTRUCIÓNS

 
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ámbolos dous incluídos.

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Xornada de portas abertas para novo alumnado curso 2023/2024

O mércores, 1 de marzo de 2023, ás 16:00 faremos unha xornada de portas abertas para as familias do novo alumnado que ingresarán no noso centro o vindeiro curso 2023-2024. 

A recepción das familias farase no hall de entrada, posteriormente faremos unha presentación dos servizos que brinda o centro, para a continuación facer unha visita polas instalacións do mesmo. 

Voz natura e o entroido, unha alianza que funciona

Desta vez o noso centro volve ser actualidade. Podedes atopar a nova no seguinte enlace:

https://www.voznatura.com/articulo-de-actualidad-2740-Voz-Natura-e-o-entroido-unha-alianza-que-funciona

O reporteiro de voz natura

Achegamos o enlace da publicación na sección "O Reporteiro" de Voz Natura o pasado 13-02-2023 sobre o Meco do noso cole.

https://www.voznatura.com/el-reportero-48-O-REPORTEIRO

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezou na mañá do martes día 17.01.2023 e prolongarase ata as primeiras horas do xoves 19.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense. No sur de Ourense o aviso laranxa comeza a partir das 12h do día 17.01.23 e prolongarase ata as primeiras horas do xoves 19.01.2023.

O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

O listado de concellos pertencentes a cada zona meteorolóxica se detallan no ANEXO deste acta.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:A SUSPENSIÓN do transporte de escolares DURANTE TODO o MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense.

Manter a SUSPENSIÓN do transporte de escolares o MARTES 17 na XORNADA DE TARDE, para os centros educativos con horario de maña e tarde, situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxicas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

Distribuir contido


by Dr. Radut