Igualdade

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.

No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.

  

  

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro traballamos a figura da enfermeira galega Isabel Zendal.

Realizamos este vídeo como agasallo ás nosas pediatras Sacramento e María Xosé, polo seu labor de escoita, atención e sobre todo de coidado.

Nel contamos o que é para nós unha pediatra.

 

DE FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano participamos como entidade, xunto ao Concello de Oroso, na campaña defronte.

A violencia de xénero só hai unha forma de mirala ...

 

IGUÁLA-T

Hoxe dou comezo a liña IGUÁLA-T dos Contratos Programa. O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiu ao contacontos "Por catro esquinas de nada" para tratar a diversidade e estereotipos de xénero. É unha historia teatralizada que afonda no tema da aceptación das diferenzas, da tolerancia e a superación persoal. Unha metáfora sobre as problemáticas sociais que se pode atopar unha persoa ao longo da vida ao non "encaixar" cos mandados e roles sexistas preestablecidos. 

Posteriormente tivo lugar a dinámica "Eu tamén encaixo". Trátase de contemplar o relato anterior reflexionando a través dunha serie de pictogramas, fichas e xogos didácticos sobre a importancia de complementarse e visibilizar a diversidade de todas as persoas que convivimos nun mesmo espacio.

 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> IGUÁLA-T

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O século XXI debe ser o século da igualdade da muller. Contribuamos a que o sexa.   António Guterres

No noso centro levamos a cabo varias actividades para lembrar e reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

Coma cada curso, a ANPA organizou unha actividade na que participou todo o alumnado que quixo, escribindo o nome das mulleres da súa familia nunha folla, que despois formou parte dalgunha das tan necesarias árbores para a nosa vida, en relación co noso proxecto de centro do actual curso "Os bosques".  

 

Xincana pola Igualdade

Este venres, día 31 de xaneiro, os nenos e nenas de primaria participaron nunha xincana moi divertida.

Nela foron realizando diferentes xogos e actividades cun tema común: A IGUALDADE.

Debemos fomentar nos nenos e nenas un pensamento consciente polo respecto á diversidade e á empatía cos demais. A través de actividades lúdicas descubriron que non temos que discriminar a ninguén por razón de sexo e reflexionaron sobre diversas conductas habituais na vida diaria que deberiamos cambiar porque son moi discriminatorias.  

 

 

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Xincana Igualdade

XORNADA DE PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz, coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Para conmemorar este día, o alumnado de 1º de Primaria elaborou un mural unindo as súas mans pola Paz do Mundo. Así mismo os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a unha sesión de contacontos da man de Leticia de "Dinamo". Con ela compartiron dunha maneira moi lúdica os "problemas" cos que se atopan na actualidade os máis pequenos. Gustounos moito!!!

 

 

Reflexionamos con "Zootrópolis"

Seguimos coas xornadas de mellora da convivencia. Por niveis o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visionou a película "Zootrópolis" para facer posteriormente unha reflexión sobre a mesma a través da dinámica "Embaixadores da terra", traballando diferentes aspectos como igualdade, roles e estereotipos, inclusión, emocións, respecto...

   

Día Internacional da Muller

08/03/2019 13:00

Hoxe, 8 de marzo, sumámonos ao berro conxunto que propuxo a Mancomunidade de Ordes ás comunidades educativas para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Pero antes, os nenos e nenas de E. Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron no salón de actos do cole ao espectáculo "Maxia pola Igualdade" organizado polo Concello, no que tamén nos acompañou o alumnado e profesorado do CRA de Oroso. Tamén houbo representación de contos polo alumnado de 6ºB para o alumnado do CRA na biblioteca.

 

Despois, todos/as xuntos/as, saímos ao patio e mostramos mensaxes de rexeitamento á desigualdade e/ou a prol da igualdade entre homes e mulleres mentres soaba a canción "Non son fada" do álbum Admirando a Condición de Sés.

A ANPA promoveu, como cada ano, unha exposición arredor da figura da muller. Nesta ocasión as homenaxeadas son as distintas xeracións das familias do noso alumnado.

  

 Premede na imaxe para ver máis fotos. 

Mellora da convivencia e promoción da igualdade

Outra xornada con actividades para a mellora da convivencia e promoción da igualdade, neste caso traballando "Roles e estereotipos de xénero". Foron catro sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º respectivamente. Consistiu nunha sesión expositiva coa visualización e reflexión das desigualdades que se xeran entre sexos, a través do establecemento dos roles e estereotipos de xénero (publicidade, xogos, xoguetes, roupa...) e ademais a dinámica "A balanza", na que o alumnado tivo que situarse no lugar que cren que ocupan homes e mulleres ante determinadas situacións cotiás, co fin de fomentar a atención e pensamento crítico.