Skip to Content

Período de reserva de praza

01/03/2024 09:30
20/03/2024 14:30
Europe/Madrid

No CRA de Oroso (Colexio Rural Agupado)ofertamos prazas en todas as nosas escolas:    VilacideSenraDeixebre Trasmonte,

para o curso 2024/2025.

 

O período de reserva de praza abrangue dende o 1 de marzo ao 20 de marzo.

 

Durante a última semana de febreiro  ata o 8 de marzo, en horario de mañá de 12:30 a 13:30, poderedes visitar as escolas e coñecer de primeira man como é a nosa realidade.

Agás o martes 5 de marzo que a visita se realizará en horario de tarde de 16:30 a 18:00.

 

Só tedes que chamar 628 071 438 e animarvos a coñecer as nosas escolas. Estaremos encantados de recibirvos no noso centro.

 

Recordámosvos, que podedes matricular aos vosos fillos/as nas nosas escolas aínda que non sexades do Concello de Oroso.

 

Non dubides en vir a visitarnos.

 

 

Matricula Curso 2024 /2025

MATRÍCULA CURSO 2024- 2025

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.

 

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro. 

 

O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.

 

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión (https://drive.google.com/file/d/1wAUkgCQ4C_FtVgWCTNGa1s-UH0ZfNtH1/view?u...) e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438.

 

Festival de Entroido 2024

Festival de Entroido

Gran Festival de Entroido no CRA de Oroso. Actuará Brais das Hortas co seu consertado na horta, se o tempo axuda faremos un desfile coas escolas da zona, gran actuación do alumnado do centro e merenda familiar ao rematar.

Non esquezades acudir.  

https://bibliocraoroso.blogspot.com/2024/02/festival-de-entroido-cra-de-oroso.html

 

 

Mandatos do Mecopingüi!

Atentas e atentos aos mandatos de entroido.

Podedes descargalos no PDF.

Graciñas.

Día da Paz e da Non Violencia: Burbullas pola paz

Este ano traballamos afrontaremos o 30 de xaneiro co lema: BURBULLAS POLA PAZ. Queremos compartir co planeta a importancia deste día e contribuiremos con experiencias específicas e esta canción que forma parte do premio que lle corresponde ao grupo A Música das Baleas, como gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar. 

O grupo formouse a partir do coro do Ceip de Caión Ceip de Caión que dirixe o mestre Jose Carballido.

O nos máis sinceiro agradecemento por emprestarmos esta canción pola paz.

 

Reserva de plaza para o alumnado que continúa estudos no CEIPP de Sigüeiro

INICIO DO PRAZO DE RESERVA DE PLAZA PARA O ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS NO CEIP PLURILINGÜE DE SIGÜEIRO.

O alumnado que remata os seus estudos no CRA de Oroso e desexa continuar no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (adscrito), deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A).

A solicitude pódese presentar:

 

 

- Por vía electrónica, mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Ou presencialmente no CRA de Oroso (nas diferentes escolas), onde se facilitarán impresos de solicitude.

 

 

Para calquera dúbida que poidan ter diríxanse á dirección do centro no teléfono 628071438

Volta as aulas

05/01/2024
Europe/Madrid

Recordámosvos que o vindeiro 8 de xaneiro voltaremos as escolas do CRA. Estamos desexando vervos. 

Gañadora no Concurso de Postais de Nadal no Concello de Oroso

Queromos felicitar a Alvira Iglesias Paz polo seu premio nas Postais de Nadal. Moitísimos parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut