Skip to Content

Martes de horror na Pingüibiblio.

31/10/2023 16:30
31/10/2023 17:45
Europe/Madrid

Ola pingüicolegas,

Conto coa a vosa visita este martes de samaín. Para ir abrindo boca, visitade a canle de youtube. Un vídeo novo agarda un visionado: 

 

Escola de Nais e Pais Reviravoltas: Disciplina positiva con Marian Cobelas

27/10/2023 16:30
27/10/2023 18:30
Europe/Madrid

O venres 27 de outubro a asociación de nais e pais Reviravoltas do CRA de Oroso celebrou unha xornada moi especial onde a conferenciante Marian Cobelas tratou o tema da disciplina positiva na crianza das nenos e nenas.

Foi unha xornada moi enriquecedora e con moitas vertentes novas que descubrir.

Para ver máis fotografías, visita a nosa galeria dixital: http://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso/galeria/thumbnails.php?album=69

 

24 de outubro Día das Bibliotecas

24/10/2023 16:30
24/10/2023 17:45
Europe/Madrid

Visita a nosa presentación. Clica en pingüi.

Non esquezas acudir este martes a Pingüibiblio.

O outono está a chegar...

17/10/2023 16:30
17/10/2023 17:45
Europe/Madrid

Visita o blogue da Pingüibiblio! Atoparás novas sorpresas! Clica en Pingüi!

 

 

 

Visita didáctica: Picassos Animados e Museo de Historia Natural.

17/10/2023 09:30
17/10/2023 14:30
Europe/Madrid

O martes 17 de outubro faremos a primeira visita didáctica do ano escolar. Veremos na Fundación SGAE a función de Títeres Brincadeira: Picassos animados; e a continuación, visitaremos o Museo de Historia Natural de Santiago.

 

Venres 13 outubro, non lectivo.

13/10/2023 09:30
13/10/2023 14:30
Europe/Madrid

O venres 13 de outubro é un dos días escollidos polo centro como NON lectivo, polo que as escolas do CRA de Oroso permanecerán pechadas.

Biblioteca escolar: Unha biblioteca escolar en viñetas

03/10/2023
Europe/Madrid

Este ano a Asesoría de Bibliotecas escolares creou como liña de desenvolvemento durante o ano escolar: Unha biblioteca escolar en viñetas. 

A temática designada é a banda deseñada.

Pingüibiblio, voltamos!

03/10/2023 16:30
Europe/Madrid

 

Amigas e amigos voltamos a vernos un ano máis na Pingüibiblio! 

Recordade que as sesións de animación a lectura serán

todos os martes pola tarde de 16:30 a 17:45.

Estou desexando voltar e medrar con vos!

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Publícanse coma adxuntos as listaxes de cadernos para Infantil (Senra e Trasmonte) e libros de texto para Primaria (Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide).

Os días 28 e 29 de xuño actualizouse a listaxe de libros de Primaria, por un erro nos ISBN. Achégase o arquivo coa nova listaxe actualizada.

No mes de setembro cada titora pedirá unha listaxe de materiais escolares (cores, folios, pegamentos, etc...) a cada alumno/a.

Matrícula 23-24

As familias do alumnado que resultou admitido deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño na sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís.

https://goo.gl/maps/kf8jWSCAbf9ZGeqi8

O horario será de 10:00 a 13:00 (haberá que pedir cita previa no teléfono 628 07 14 38 ou no mail cra.oroso@edu.xunta.gal). Si algunha familia non puidera asistir nese horario, poderíase concertar cita noutra hora.

Para realizar a formalización de matrícula deben de cubrir o Anexo que se publica como adxunto e achegar a seguinte documentación:

  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello de residencia).
  • Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.
Distribuir contido


by Dr. Radut