Skip to Content

Como funcionamos

Biblioteca escolar: Unha biblioteca escolar en viñetas

03/10/2023
Europe/Madrid

Este ano a Asesoría de Bibliotecas escolares creou como liña de desenvolvemento durante o ano escolar: Unha biblioteca escolar en viñetas. 

A temática designada é a banda deseñada.

Animación lectura na pingüibiblio.

10/10/2023 16:30
10/10/2023 17:45
Europe/Madrid

Protocolo COVID - 19

Biblioteca escolar

Ola pingüiamig@s:

Quixera notificaros que o martes 17 non haberá a seisón de animación a lectura pola tarde na sede do CRA. 

Moitas grazas.

Deberes e dereitos d@s usuari@s da biblioteca.

Ola cibercolegas!

Aquí tedes o tríptico de cales son os vosos dereitos e deberes na nosa pingüibiblio. Tedes que descargalo e estudialo. É importante!

Animo amiguetes!

AHHH! Que se me esquecía e como non... Tamén está o marcapáxinas que fixemos sobre min. Estou de fábula!!!

 

Horario da biblioteca

Ola pingüiamig@s!

Recordade que o martes 3 de outubro comezamos as actividades de animación a lectura, tódalas tardes do martes durante o ano escolar ata rematar o mes de maio.

Este curso o horario é de: 16:30 a 17:45. Contamos con vós.

Pingüibikos!!!

Este mes de decembro comezamos...

O HOMIÑO DE MAZAPÁN!!!

Esta historia vai encamiñada o tempo do nadal, quen non ía dicir a nos que un sinxelo anaco de mazapán podería dar tanto xogo.

Estamos desexando que cheguen estas datas para xogar co mazapán e desfrutar do seu sabor.

Despois de cantar algunha que outra panxoliña decidimos facer un homiño de mazapán para as nosas árbores. Representamos un pequeno teatro de títires coa nosa manualidade. Quedounos precioso! 

Tamén houbo outras propostas para decorar o nadal...

 

A nosa aventura continua.

Neste mes de novembro comezamos con un conto moi interesante: "O zapateiro e o raposo". Escrito por María José Gulín e ilustrado por Antía Barba. 

Encántounos coñecer esta historia e desfrutamos realizando un marcapáxinas en base o conto. Con el pretendemos desfrutar la lectura nas nosas casas e compartila coa familia.

 

Eu, primeiro! de Helen Lester.

 

Tódolos martes na nosa biblioteca temos unha actividade de animación a lectura impartida polo profesorado do centro. 

As veces tamén ven xente diferente a ofrecernos novas posibilidades de apertura o mundo. O ano anterior veunos visitar un astrónomo que nos amosou os segredos do universo. Quen pode chegar pola porta este ano?. Paciencia e ollo o piollo! Guiño

 

Neste apartado faremos publicacións esporádicas de como se vai desenvolvendo a nosa labor.

No primeiro día, temos un conto moi interesante que se titula: Eu, primeiro! e foi escrito por Helen Lester e ilustrado por Lynn Munsinguer.

Estabamos entusiasmad@s aprendimos que ser primeiro en algo non sempre significa ser @ mellor.

Ademais fixemos unha merendola en honor a "Sandwich", a nosa meiga particular.

 

                                                                               

 

Distribuir contido


by Dr. Radut