MATRÍCULA CURSO 2024- 2025
O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.
Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro.
O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.
Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión (https://drive.google.com/file/d/1wAUkgCQ4C_FtVgWCTNGa1s-UH0ZfNtH1/view?u...) e unha nota informativa sobre este procedemento.
Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2024-2025 .pdf | 128.82 KB |