Skip to Content

Festivos escolares.

06/12/2017 09:30
10/12/2017 23:59
Europe/Madrid

Ola a tod@s!

Recordades que do día 6 ó 10 non temos escola, tal e como se remiteu no calendario escolar.

Para que esta ponte non se faga tan longa podedes desfrutar das fotografías subidas a nosa galería escolar (saídas, días de biblioteca).

Moitas grazas.

Saída a Santiago

05/12/2017 09:00
05/12/2017 14:30
Europe/Madrid

Ola a todas e todos:

O día 5 de decembro volvemos a ter unha saída escolar. Visitaremos unha exposición e ademais deleitarémonos con un concerto didáctico.

A exposición titúlase: "A mirada contemporánea". Son obras de Millares, Chillida, Tápies... creadas despois da guerra civil española. Faran unha sesión adaptada as nenas e nenos do CRA.

No concerto achegaran as diferentes culturas do mundo a partir da música todo nun clima lúdico.

Recordamos que debedes ser moi puntuais tanto na subida do bus como na recollida das cativas e cativos. Grazas.

Cambio de data

28/11/2017 09:30
28/11/2017 14:30
Europe/Madrid

Ola!

Este é un aviso para notificar o cambio de data na excursión do venres. Debido as inclemencias do tempo faremos a saída o martes 28 de novembro. Moitas grazas.

Día internacional da violencia de xenero en Sigüeiro

24/11/2017 09:30
24/11/2017 14:30
Europe/Madrid

Comunicámosvos que o día 24 de novembro temos unha saída a Sigüeiro. Conmemorando o día internacional contra a violencia de xénero, o concello amablemente convidounos a asistir a unha sesión de contacontos.

O autobús recolleranos nas nosas escolas e tamén nos trasladará de volta. Estamos desexando ir!.

E recordade pensa en laranxa.

Grazas ó CEIP Camiño Inglés

Queremos agradecer o CEIP Camiño Inglés que contaran con nós nesta carreira solidaria e que compartiran o seu magnifico magosto escolar con toda a xentiña que somos do CRA. 

Gustounos moito asistir e que nos amosaran en familia as súas instalacións. Se nos volven convidar seguro que repetimos.

Graciñas!

 

Magosto escolar

03/11/2017 10:00
03/11/2017 13:30
Europe/Madrid

Imos celebrar o magosto escolar. Recordade que non tedes que traerlle a merenda e deben vir con roupa cómoda.

Estaremos pendentes da chuvia, se aparece non poderemos facelo nesta data.

Recordade que temos horario reducido. Moitas grazas.

Visitamos as nosas escolas

02/11/2017 09:30
02/11/2017 14:30
Europe/Madrid

Imos volver a visitar as nosas escolas en: Trasmonte, Deixebre, Vilacide e Senra. Tódolos anos cambian, sempre temos algo novo que ver e estamos gustos@s de poder ver as cousas elaboradas pol@s nos@s amig@s do CRA. 

Virá un autobús por nós a recollernos en cada unha das escolas e tamén nos traerá de volta faremos o horario escolar de costume.

Recordade que na galería da páxina Web estarán algunha das fotografías que vaiamos sacando.

Carreira solidaria no CEIP Camiño Inglés

31/10/2017 09:30
31/10/2017 14:30
Europe/Madrid

Estamos convidad@s a carreira solidaria organizada polo CEIP Camiño Inglés. Estaremos toda a mañán no centro escolar e polo paseo do Carboeiro nas diferentes competicións.

Cada familia debe levar @s seus/súas cativ@s a dito centro escolar e recollelos a hora de saída habitual. Grazas.

Día festivo

Ola amigas e amigos:

Queremos recordarvos que o venres 13 de outubro, tal e como indicamos no calendario escolar remitido, non haberá escola.

Moitas grazas

Biblioteca Escolar

Ola a todas e todos:

Queremos recordarvos que comezan as actividades de animacion a lectura os martes pola tarde.

Xa sabedes que para ampliar información podedes visitar A nosa biblioteca ou o blogue: https://bibliocraoroso.blogspot.com.es.

Podes acceder desde a nosa páxina escolar.

Moitos saudiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut