Skip to Content

Documentos do centro

03/11/2022
Europe/Madrid

Recomendacións de Samaín

Recomendacións lectoras de Samaín:

Clica na imaxe

 

 

Que comemos e bebemos polo Entroido?

Este ano no Entroido imos a facer unha recopilación de receitas.

 

Cada familia debe aportar polo menos unha comida ou bebida típica de entroido, explicándonos o seu proceso, que precisa, como a conseguimos... 

Nesta entrada tedes dous documentos nun deles trae un exemplo do que buscamos e despois no outro a plantilla sobre a cal debedes traballar. 

 

Moito ánimo!

 

Despois faremos un libro recopilatorio para todas e todos. Moitas grazas.

Campaña SOS África 2019

Nesta semana comeza a recollida de roupa e calzado para a campaña SOS África. Entregarase unha bolsa de recollida por familia. Si se quere aportar máis roupa, pódense traer as bolsas que se queiran a maiores da que entregaremos nas escolas. As bolsas de roupa entregaranse nas diversas escolas do CRA. O último día para entregar roupa é o luns 14 de outubro.

http://www.sosafrica.org/ropa-usada.html

Gracias pola vosa colaboración.

Biblioteca CRA Oroso 19-20

Estimadas familias:

As actividades de biblioteca dos martes pola tarde comezaron o martes 1 de outubro e desenvolveranse ata o martes 26 de maio de 2020. O horario é de 16:30 a 17:45, na sede do CRA, en Vilarromarís.

Ademais destas actividades da biblioteca central do CRA, nas distintas escolas hai bibliotecas de aula en funcionamento. 

Publícanse como adxunto a esta información as normas das bibliotecas das escolas e da biblioteca central do CRA (Vilarromarís).

Contamos coa vosa participación!

Documentación inicio curso 19-20

Nos arquivos adxuntos publícase diversa documentación administrativa coa finalidade de informar ás familias do noso alumnado de todos os aspectos relativos ao funcionamento do noso centro no curso escolar 19-20.

 

  • Normas de organización, funcionamento e convivencia.
  • Información sobre a avaliación en Educación Primaria.
  • Autorización de dereitos de imaxe.
  • Autorización para a recollida do alumnado (válida para todo o curso escolar).
  • Auotrización para a recollida do alumnado (válida para un día).

 

Ao longo do curso escolar iranse publicando diversos documentos, coa finalidade de ampliar a información ás familias e facilitar a xestión dos trámites habituais. 

CALENDARIO ESCOLAR 19-20

Publícase no arquivo adxunto o calendario escolar para o curso 19-20, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Ademais dos días festivos, inclúense as datas dos festivais que celebrará o noso centro.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Publicación do listado de libros e material escolar para o curso 19-20 (arquivo adxunto).

O listado vai organizado por escolas e por idades.

No mes de setembro pedirase a cada alumno/a diverso material escolar (folios, cores, pinturas...) por parte da titora de cada escola.

 

MATRÍCULA 19-20

Publícanse os impresos de formalización de matrícula para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 19-20. Estes impresos están dispoñibles nas escolas unitarias e na sede do CRA de Oroso.

Xunto con estes impresos cubertos, hai que presentar:

  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello).
  • Dúas fotografías.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.

 O prazo de matrícula remata o día 30 de xuño.

Educación Vial - Xefatura Provincial de Tráfico

O vindeiro martes, 21 de maio, desenvolveranse no noso centro unhas charlas formativas sobre seguridade vial, no marco do Plan de Innovación Educativa Mobilidade sostible e segura. Este Plan está coordinado pola Xefatura Provincial de Tráfico da provincia de Coruña.

Pola mañá faranse charlas nas escolas co alumnado e pola tarde, no horario de biblioteca dos nenos/as, haberá unha charla para as familias sobre seguridade vial (suxeción nas sillas infantís, normas de circulación como peóns, etc...).

Prégase confirmación das familias interesadas na actividade para a preparación dos materiais da xornada. Cada familia pode confirmar na súa escola ás titoras a asistencia.

Pódese ver máis información deste programa no enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723

 

Gracias pola vosa participación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut