Skip to Content

Vacacións de Semana Santa

Amigas e amigos, xa chegaron outras vacacións e remata o trimestre. Non queda nada para que o curso chegue o seu fin. Xa sabedes... E colorín, colorete, rematou outro trimestre.

Xa quedan poucos días!

Ola amigas e amigos do CRA!

Recordade que xa non queda nada para reservar a vosa praza no CRA. Podedes acudir a calquera das escolas. Sede benvidas e benvidos. Agardamos por vós!

Ábrese o prazo de admisión no noso CRA.

Ola benvidas e benvidos!

O xoves 1 de marzo comeza o prazo de admisión nos centros educativos e remata o 20 de marzo. (clicade na imaxe para máis información) 

Se queredes coñecer o noso centro escolar seredes moi ben recibidas e recibidos. Recordade que somos un CRA e temos 4 escolas para escoller:

- Senra

- Deixebre

- Vilacide 

- Transmonte

Estamos a vosa enteira disposición. 

Como ben sabedes ofertamos unha ensinanza individualizada e cooperativa. Temos pouca ratio e permítenos desfrutar desa ventaxa educativa. Estamos preto de vós, a relación coas familias é diaria. A disposición do alumnado temos unha infinidade de recursos actuais e variados.

Vinde coñecernos e non perdades a oportunidade!

Estas son as nosas prazas vacantes:

Para a admisión do alumnado so tedes que dirixirvos o enlace facilitado pola Xunta de Galicia: 

 

 

Ou ben podedes acudir ao centro e facelo dende alí. 

Tamén se coñecedes alguén que poida estar interesada ou interesado, non esquezades avisar. Seguro que o agradecerá.

 

Contamos con vós para seguir medrando!

Saída a Sigüeiro

08/03/2018 09:30
08/03/2018 14:30
Europe/Madrid

Ola:

Queremos recordarvos que o día 8 de marzo (Día Internacional da Muller) volvemos a ter unha saída escolar. Imos ir a Sigüeiro ver unha obra titulada: O PAÍS DOS MANDÓNS. Esta actividade está promocionada polo Concello de Oroso.

O horario é o establecido oficialmente de 09:30 a 14:30. O autobús escolar recollerá o alumnado nas escolas e retornará para a hora de saída.

Ímolo pasar xenial!

 

Tempo da froita.

15/02/2018 09:30
28/02/2018 14:30
Europe/Madrid

Xa temos aquí un ano máis o programa: Froita na escola; financiado pola Consellería de Medio Rural e o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Cada día no momento do recreo tomarase unha peza de froita diferente. 

A gozar da froita colegas!!!   

 

Fotos do Festival de Entroido

Que tal cibercolegas?

Tendes que visitar a nosa galería. Alí poderedes atopar tódalas fotos da festa. 

E se tedes tempo, tamén ver as imaxes de saídas, convivencias na biblioteca...

Moitos saudiños.

Saída a Apípolis

20/02/2018 09:00
20/02/2018 15:10
Europe/Madrid

O día 20 de febreiro imos ir de excursión a Apípolis. Preparade a mochila e abride ben os sentidos que imos coñecer o mundo das abellas e a súa importancia no noso medio.

Recordade que saímos moi cedo e voltamos un pouco tarde. A puntualidade é fundamental. Grazas.

Festival de Entroido

09/02/2018 10:00
09/02/2018 13:00
Europe/Madrid

Chega a nosa festa de entroido. Preparade as máscaras e vinde a vernos. Aquí tedes un pequeno anticipo.

 

 

PINGÜIMECO

05/02/2018 09:30
09/02/2018 14:30
Europe/Madrid

CHEGOU O ENTROIDO!!!

Temos festa na nosa escola e queremos que a vivades a todo dar.

Polo tanto, aquí tedes as instruccións de Pingüi para estos días. Moito ollo con equivocarse. Estade atentas e atentos o que temos que poñer. 

Moi boa festa, pingüicras!

 

Comezamos un novo trimestre

Ola amig@s!

Xa rematou o nadal e chega un novo tempo invernal.

Tede moitos ánimos que chega un gran tempo por diante virá o día da paz, o Entroido, o día internacional da muller e dos dereitos d@s consumidor@s, a semana da prensa...

Moita forza e adiante!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut