Mellora da convivencia e promoción da igualdade

Outra xornada con actividades para a mellora da convivencia e promoción da igualdade, neste caso traballando "Roles e estereotipos de xénero". Foron catro sesións co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º respectivamente. Consistiu nunha sesión expositiva coa visualización e reflexión das desigualdades que se xeran entre sexos, a través do establecemento dos roles e estereotipos de xénero (publicidade, xogos, xoguetes, roupa...) e ademais a dinámica "A balanza", na que o alumnado tivo que situarse no lugar que cren que ocupan homes e mulleres ante determinadas situacións cotiás, co fin de fomentar a atención e pensamento crítico.