Matrícula e inscripción do alumnado

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO - ACHEGAMENTO VIRTUAL

23/02/2021 17:00

Como non é posible visitar o colexio presencialmente, coñécenos un pouquiño a través dos vídeos que se atopan á esquerda, resolve as túas dúbidas chamándonos por teléfono e/ou achégate virtualmentemartes 23 de febreiro ás 17:00. 

Solicita o enlace da reunión chamando ao centro (881866202) ou enviando un correo electrónico (ceip.sigueiro@edu.xunta.gal).

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021/2022

Información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2021-2022 e Anexos para descargar. 

 

(Orde do 12 de marzo de 2013, Orde 18 de decembro de 2020)

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO
Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I ED550A) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en administración) entre o 11 de xaneiro e o 8  de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión, do 1 ao 20 de marzo. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
 ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO  (xa poden facelo os nados en 2018)
1. Do 1 ao 22 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ) ou coa aplicación "admisionalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
  •  Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
  • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    Antes do 25 de abrilPublicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

3.    Do 20 ao 30 de xuñoFormalización da matrícula (E.Infantil e Primaria) con impreso (Anexo III). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

            Alumnado de 6º de primaria que pasa o IES formaliza matrícula: 25 de Xuño ao 10 Xullo

 *Os Anexos pódense recoller no despacho da administrativa do Centro, descargar dende esta web ou dende a páxina da Consellería (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/portada

 O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 HORARIO de atención da ADMINISTRATIVA: 9:00 a 14:30  de luns a venres e os martes pola tarde de 16:30 a 18:30 horas. 

                     

 Sigüeiro, 11  de xaneiro de 2021

ADMITIDOS CURSO 2020/2021 E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

En cumprimento do art. 11.1 da Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, informamos de que TODOS OS ALUMNOS/AS QUE O SOLICITARON TEÑEN ASIGNADA PRAZA PARA O CURSO 2020/21.

26 de maio de 2020

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021 E ANEXOS

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. ANEXO III-1
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020. Folleto informativo do IES de Oroso. 

Os anexos pódense descargar dende esta web, dende a páxina da Consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858) ou pódense cumprimentar na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

03/03/2020 17:00

 

 

 

O vindeiro martes 3 de marzo, o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

FORMALIZACIÓN DA MATRICULA

Prazo: do 20 ao 30 de xuño presentando o Anexo III, acompañado dos seguintes documentos:
    • Certificado de empadroamento colectivo.

    • Fotocopia do Libro de familia (tódalas follas)

    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

    • Fotocopia cartilla de vacinas.

    • 2 fotografías

      Horario de atención en administración: Pola mañá, de luns a venres de 9:00 a 15:30 h, pola tarde: martes de 16:30 a 18:30 h.

 

 

 

 

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS CURSO 2019/2020

Fai clic nas imaxes para acceder aos listados de cada curso.

   

VACANTES CURSO 2019-20

 

Publicada a listaxe de vacantes para o curso 2019-2020. Podedes consultala premendo sobre a imaxe ou no taboleiro de anuncios do centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

26/02/2019 17:00

 

O vindeiro martes 26 de febreiro ás 17 horas o noso centro abre as súas portas a todas as familias que estean interesadas en coñecer as nosas instalacións e servizos.

Premede na imaxe para máis información.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020

Información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2019 - 2020.

Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo de 2013)

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO
Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I ED550A) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en administración) entre o 1 e o 15 de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión (Anexo II ED550B),seguindo as instrucións do recadro seguinte. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (Anexo III-2).
 ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO  (xa poden facelo os nados en 2016)
1. Do 1 ao 20 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ED550B) ou a través da aplicación "admisionalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
    •  Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
    • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    Antes do 25 de abrilPublicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.
3.    Do 20 ao 30 de xuñoFormalización da matrícula (E.Infantil e Primaria) con impreso (Anexo III-I). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

 *Os Anexos pódense recoller no despacho da administrativa do Centro, descargar dende esta web ou dende a páxina da Consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858). Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/portada

 O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 HORARIO de atención da ADMINISTRATIVA:

               - Pola mañá: luns, mércores, xoves e venres de 9:00 a 15:30 e os martes de 9:00 a 15:00 horas.

               - Pola tardemartes de 16:30 a 18:30 horas.

 Sigüeiro, 30 de xaneiro de 2019