ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021/2022

Información relativa ao proceso de reserva de praza, admisión de alumnado e formalización de matrícula para o curso 2021-2022 e Anexos para descargar. 

 

(Orde do 12 de marzo de 2013, Orde 18 de decembro de 2020)

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO
Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I ED550A) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en administración) entre o 11 de xaneiro e o 8  de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión, do 1 ao 20 de marzo. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.
 ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO  (xa poden facelo os nados en 2018)
1. Do 1 ao 22 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ) ou coa aplicación "admisionalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
  •  Fotocopia do DNI do alumno/a ou do Libro de Familia.
  • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    Antes do 25 de abrilPublicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

3.    Do 20 ao 30 de xuñoFormalización da matrícula (E.Infantil e Primaria) con impreso (Anexo III). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

            Alumnado de 6º de primaria que pasa o IES formaliza matrícula: 25 de Xuño ao 10 Xullo

 *Os Anexos pódense recoller no despacho da administrativa do Centro, descargar dende esta web ou dende a páxina da Consellería (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/portada

 O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 HORARIO de atención da ADMINISTRATIVA: 9:00 a 14:30  de luns a venres e os martes pola tarde de 16:30 a 18:30 horas. 

                     

 Sigüeiro, 11  de xaneiro de 2021

AnexoTamaño
Orde 12 marzo.pdf1.15 MB
Orde do 18 de decembro de 2020.pdf441.77 KB
ANEXO I RESERVA DE PRAZA1.33 MB
ANEXO II SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO683.94 KB
PRAZAS VACANTES CURSO 21-22.pdf139.96 KB
anexoIII formalización matricula.pdf427.8 KB