Lingua Estranxeira (Inglés)

A trip to California

Our classmate Paula travelled to California with her family. When she came back, she showed us all these photos.

Thank you Paula!

Winter break in Virginia

Maggie told us about her Christmas holidays back at the USA.


Christmas cards notice board

Comezamos o 2º trimestre abrindo todas as postais que nos chegaron de todos os socios españois e europeos dos proxectos eTwinning "Unidos por nuestras lenguas" e "Languages are visions of life". Despois colocámolas no noso taboleiro de anuncios do corredor. Mirade que chulada!

Christmas cards

Como cada ano, chegadas estas datas, queremos desexar un Bo Nadal e un Feliz Aninovo a todos os nosos socios de proxectos internacionais. 

O alumnado de 5º intercambiou postais de Nadal cos alumnos do Royal Palm Elementary School de Miami (USA) e o alumnado de 6º enviou tarxetas a todos os países europeos e comunidades autónomas participantes nos proxectos eTwinning "Languages are visions of life" e "Unidos por nuestras lenguas".

 

E os últimos días de clase xa nos empezaron a chegar algunhas que colocamos no cortizo do corredor en fronte á aula de inglés. Qué ilusión abrir postais chegadas dende todas partes do mundo!

Postcards... Camiño do Xacobeo

You know we love sending and receiving postcards in English, but this year we have a strong motive,  telling the world about the Jacobean Year in our land. This is how we do it:

Xa sabedes que nos encanta enviar e recibir postais en inglés, pero este ano temos un motivo maior, contarlle ao mundo sobre o Ano Xacobeo na nosa terra, Así é como o facemos:

 

First, we request an address in Postcrossing. Next, we choose a beautiful postcard (we usually have pictures of Santiago de Compostela, the cathedral, the way...). Then we write the message in English on the left and the address on the right (the ID code too!). We often write about our country, school, weather, temperature... Finally, we put a stamp and... we wait until the platform lets us know it arrived to its destination. Receiving postcards is great too! We register them in the platform and put them in our notice board.

Primeiro, solicitamos un enderezo en Postcrossing. A continuación, eliximos unha bonita postal (normalmente temos imaxes de Santiado de Compostela, da catedral, do camiño...). Despois escribimos a mensaxe en inglés á esquerda e o enderezo á dereita (tamén o código ID!). A miúdo escribimos sobre o noso país, a escola, o tempo, a temperatura... Por último, poñemos un selo e... esperamos ata que a plataforma nos avise de que chegou ao seu destino. Recibir postais tamén é xenial. Rexistrámolas na plataforma e colocámolas no taboleiro de anuncios.

 

Christmas videoconference

Despedimos o primeiro trimestre cunha nova conexión mediante videoconferencia cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta o alumnado de 5ºA foi o que se conectou dende cadanseu equipo cos alumnos/as do Royal Palm Elementary School de Miami. Como vedes, todos levabamos algún accesorio de Nadal nas nosas cabezas!

Primeiro, tivemos 15 minutos de conversa en salas paralelas para coñecernos mellor. Asignóuselle unha sala a cada grupo mixto de 4 ou 5 alumnos. Aínda que o audio e o micro de tantos alumnos/as falando simultáneamente fallaba por momentos, si puideron comunicarse a través do chat. 

Posteriormente, volvemos á sala inicial onde cantamos unha panxoliña típica de cada país. Nós eleximos a cantiga do Apalpador e ata a acompañamos con pandeiretas. Eles deleitáronnos cunha coreografía ao tempo que cantaban "Feliz Navidad".

Por último, compartimos algunhas tradicións típicas do Nadal en Galicia e Miami. E case sen darnos conta, o tempo esgotouse e tivemos que despedirnos. Ata a próxima amigos!

Thanksgiving Day

O terceiro xoves do mes de novembro celébrase o Día de Acción de Gracias en EEUU. Maggie, a nosa auxiliar americana, contounos como celebran ela e a súa familia esta importante data. Despois, xogamos e competimos entre nós cun kahoot de preguntas sobre esta celebración. Foi moi divertido!

  

 

Saímos no xornal!

Os nosos proxectos eTwinning saen no xornal comarcal Primeira Noticia.

Second videoconference

O pasado 17 de novembro, tocoulle conectarse por videoconferencia ao alumnado de 5ºB para coñecer e conversar co alumnado do Royal Palm Elementary School de Miami participante no proxecto "Dos Orillas". 

A temática da sesión centrouse nas celebracións de outono dun e doutro lado do Atlántico. Eles contáronnos como festexan o famoso Halloween e tamén nos adiantaron como será a celebración do Thanksgiving ou Día de Acción de Gracias. Nós falámoslles do noso Samaín e tamén do Magosto que acababamos de celebrar hai uns días. 

  

Ademáis, aproveitamos para abrir en directo as primeiras tarxetas postais que intercabiamos con motivo do Día da Hispanidade. E entre as postais de Florida, viña unha grande bandeira norteamericana que xa colocamos na aula. Encantounos a sorpresa! Teremos que corresponderlles no próximo envío postal.

 

Dous Selos de Calidade Europeos!

Chégannos boas novas dende Europa. Despois de obter os Selos de Calidade do servizo nacional eTwinning, agora é a sede europea a que nos concede os seus Selos de Calidade polos proxectos "Web2English""L@ngu@ges4all" levados a cabo o curso pasado en 5º e 6º de Primaria.

       

Novamente felicitamos ao alumnado e profesorado implicado!