Second videoconference

O pasado 17 de novembro, tocoulle conectarse por videoconferencia ao alumnado de 5ºB para coñecer e conversar co alumnado do Royal Palm Elementary School de Miami participante no proxecto "Dos Orillas". 

A temática da sesión centrouse nas celebracións de outono dun e doutro lado do Atlántico. Eles contáronnos como festexan o famoso Halloween e tamén nos adiantaron como será a celebración do Thanksgiving ou Día de Acción de Gracias. Nós falámoslles do noso Samaín e tamén do Magosto que acababamos de celebrar hai uns días. 

  

Ademáis, aproveitamos para abrir en directo as primeiras tarxetas postais que intercabiamos con motivo do Día da Hispanidade. E entre as postais de Florida, viña unha grande bandeira norteamericana que xa colocamos na aula. Encantounos a sorpresa! Teremos que corresponderlles no próximo envío postal.