Lingua Estranxeira (Inglés)

Os nosos proxectos na prensa

O xornal comarcal "Primeira Noticia" adica unha páxina aos nosos proxectos. 

A nosa lingua é marabillosa, non precisa estranxeirismos

 

Por que dicir selfie, se podemos dicir autorretrato?

Por que dicir password, se podemos dicir contrasinal?

Por que dicir fake, se podemos dicir falso?

Por que dicir tweet, se podemos dicir chío?

Por que dicir hashtag, se podemos dicir cancelo?

 

Os alumnos/as de 6º de Primaria participamos no proxecto eTwinning “Unidos por nuestras lenguas” xunto con outros 40 centros educativos de Primaria e Secundaria de toda España, ademáis de Francia, Turquía e ata a India. O obxectivo do proxecto é poñer en valor todas as linguas e dialectos do noso país a través de diferentes actividades. Unha delas, é investigar sobre o uso dos principais estranxeirismos que se empregan na nosa lingua e propoñer alternativas ao seu uso. 

 

   

 

É certo que, hoxe en día, o Inglés se converteu na Lingua Franca do noso século e que nos abre moitas portas. Pero o seu uso e coñecemento non nos debe facer pensar que é unha lingua superior á nosa. Algo con nome estranxeiro non significa que sexa mellor ou máis moderno. Nós témolo claro, por iso fixemos unha exposición no corredor do colexio con estranxeirismos e as súas alternativas en galego para concienciar aos nosos compañeiros/as. Tamén redactamos unha carta aos medios na que os convidamos a que o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, non empregasen estranxeirismos nos seus programas ou xornais e primasen o emprego de palabras propias galegas que veñen significando o mesmo e soan igual de ben, ou aínda mellor!

 

Ese mesmo día, a xornalista Ainhoa Apestegui entrevistábanos sobre a nosa iniciativa para o programa "Hoy por hoy Santiago" da Cadena Ser. Fai clic abaixo para escoitar a entrevista:

 

 

Tamén podes ler a carta que escribimos aos medios aquí:

 

Eu sei da UE

O 9 de maio foi o Día de Europa e tamén o eTwinning Day. Así que aproveitamos para compartir con vós algúns dos videos que gravamos para o proxecto audiovisual "Eu sei da UE" a través do centro de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña "Europe Direct A Coruña".

   

   

  

Ademáis, o alumnado de 6º de Primaria recibiu unhas camisetas de agasallo de Europe Direct A Coruña. Moitas gracias! 

Spanish American party

O mércores 27 de abril realizamos a que sería a nosa última videochamada cos nosos socios americanos do colexio Royal Palm Elementary in Miami. Aínda que estabamos moi contentos co resultado do proxecto Dos Orillas no que aprendemos un montón de cousas sobre a cultura, as tradicións e as linguas do outro lado do Atlántico, tamén estabamos un pouco tristes de que chegara á súa fin. 

 

Despois dunhas palabras de despedida e agradecemento, preparamos uns bailes tradicionais e unha pequena merenda. Nós fixemos unha coreografía country coa música de Cotton Eye Joe e eles bailaron a Macarena. A merenda ao estilo americano consistiu en mini hamburguesas e sandwiches de manteiga de cacahuete e marmelada. Para beber, zume e auga. Pola súa banda, en Miami degustaron un almorzo de leite con cacao, unha tortilla e uns polvoróns. 

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Spanish American party

Easter in the United States

Before leaving for our Easter holidays, Maggie told us about this celebration in her country.

EU SEI DA UNIÓN EUROPEA

O noso centro participa no proxecto "Eu sei da UE" do centro de información da Comisión Europea da Deputación da Coruña "Europe Direct A Coruña". Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración do Día de Europa o vindeiro 9 de maio. Trátase dun proxecto audiovisual coa participación directa de oito nenos e nenas, e unha profesora. Que ben o pasamos con este fántastico equipo que nos acompañou durante toda a mañá. Unha experiencia xenial!!! 

  

 

 

Día da Lingua Materna

O luns 21 de febreiro foi o Día da Lingua Materna e o alumnado de 6º quixo conmemoralo mostrando o fachendosos que nos sentimos da nosa, o galego, cos nosos socios do proxecto eTwinning "Unidos Por Nuestras Lenguas".

Para iso conectámonos por videoconferencia co CEIP Príncipe de España de Burgos e co CRA Domingo de Guzmán de Salamanca. Pero esta vez a lingua vehicular non era o inglés, se non o galego. Despois das presentacións pertinentes, mostrámoslles as nosas palabras favoritas en galego e, para que fora máis emocionante, eles tiñan que adiviñar de que se trataba cada unha delas. Aínda que ningún deles conta con lingua propia, tamén nos ensinaron localismos propios da súa zona. E como non, tamén aprendemos un montón sobre a súa cultura! Pero o máis importante, é que puxemos en valor a nosa lingua cos nosos socios de eTwinning.

 

February celebrations (videoconference)

O 15 de febreiro volvemos conectarnos cos nosos socios americanos do proxecto "Dos Orillas". Desta volta, falamos das celebracións do mes de febreiro dun e doutro lado do Atlántico que estivemos recopilando nun padlet.

Feito con Padlet

Despois competimos nun Quizziz a ver quen sabía máis de todas as celebracións comentadas. E sabedes quen quedou no podio? Pois Carolina conseguiu a primeira posición e Cristian quedou no terceiro lugar. O segundo posto foi para Daniel de Miami.

   

Escornabot and tablets in English

Esta semana o alumnado de 1º traballou con tablets e tamén con escornabots na clase de inglés. Foi unha maneira diferente de afianzar contidos ao mesmo tempo que se traballaron as destrezas dixitais.

 

Our schools videoconference and contest

O pasado 26 de xaneiro retomamos as videoconferencias cos nosos socios americanos do colexio Royal Palm Elementary School de Miami. Nesta ocasión quixemos coñecer como son os nosos centros educativos así que visualizamos uns videos que prepararan as nosas mestras:

Nós tamén gravamos uns videos contando como é o noso día a día dende que nos levantamos pola mañá ata que imos para a cama á noite. Despois fixemos un concurso online de preguntas sobre os dous coles e sabedes quen quedou no podio? Pois Lía en primeiro lugar e Noelia na terceira posición.