O venres, 17 de novembro, comezamos unha nova viaxe de aventuras a través de libros, revistas, xogos…para compartir en familia.
BOA VIAXE!
O venres, 17 de novembro, comezamos unha nova viaxe de aventuras a través de libros, revistas, xogos…para compartir en familia.
BOA VIAXE!
Este martes 31 de outubro, celebramos o Samaín, as clases estaban
invadidas de vampiros, bruxas, aliens,... E despois do recreo,
fixemos a entrega de premios as mellores portas de Infantil
e Primaria, as mellores cabazas de cada ciclo, e aos mellores contos
das "Olimpiadas do terror". Gracias por participar !
E chegou o SAMAÍN!!! No cole pasámolo de medo!
Ao longo da semana pasada os nenos e nenas máis maiores estivéronnos lendo os contos que eles mesmos inventaron. Canta imaxinación! Trasladáronnos a lugares cheos de fantasía e sobre todo de TERROR! Os mellores contos tiveron un premio.
Tamén estivemos decorando as portas das aulas. Obxectivo: Terror mesturado con Olimpiadas
Por último trouxemos a nosa cabaza decorada coa temática deste curso, OLIMPIADAS. Con elas fixemos unha exposición DE MEDO! Que ben quedaron.
E para rematar, OS PREMIOS! Hoxe no recreo saberemos cales foron os CONTOS, as PORTAS e as CABAZAS seleccionadas.
Novas sesións do club de lectura e teatro de 4º,5º e 6º.
Xa estamos de volta co club de lectura e teatro! Este trimestre para 4º, 5º e 6º.
Na primeira sesión presentamos libros e escollemos nome do club. En teatro aínda non chegou o libro, polo que escollemos
o nome do noso club, revisamos o vestiario e material.
Onte o alumnado do club de teatro entregou , a Balrial, os alimentos recollidos co teatro solidadario
para as familias e co intercambio de libros por alimentos. Temos que dar as gracias ás familias pola
súa colaboración e ao alumnado polo traballo en equipo, polo esforzo que fixeron día tras día e
pola solidaridade que sempre demostran. Os grandes cambios comezan con pequenas accións!
Onte tivemos a última sesión do teatro solidario. Esta vez o alumnado do club de teatro de 5º e 6º representou para as
súas familias dúas obras: Restaurante Farruco" e "A consulta Vai como veu ou peor". Gracias familias por vir e colaborar
co Banco de Alimentos. Foi un verdadeiro pracer poder mostrarvos o noso traballo! Esperamos que gozásedes con el!
Nova sesión do club de lectura "Invisible", falamos dos personaxes, dos sentimentos e emocións que experimentan e
despois de escoller ao noso gardián, personificamos ao/á noso/a heroe/ heroína.
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |