Skip to Content

Animación á lectura

Día do Libro

Que mellor xeito para conmemorar o Día do Libro que compartindo lecturas. Nós farémolo durante a hora de ler desta semana, hoxe comezamos pero temos moitas ganas de seguir lendo e escoitando historias. 

E vós, con quen compartides lecturas?

 

Mochila viaxeira

O vindeiro luns 14 de novembro, comeza a súa andaina a Mochila Viaxeira. E...por onde viaxará? Dende a Bibliteca Escolar ata os fogares do alumnado de 1º e 2º curso de primaria, quenes poderán manter momentos de encontro e lecturas compartidas en familia co fin de fomentar o hábito lector.

Irá cargadiña de contos, revistas, historias, personaxes e,...de todo aquelo que poidades imaxinar!

Agardade a vosa quenda, a viaxe comeza en 3,2,1...

DÍA DO LIBRO

O día 23, Día do Libro, tivemos dúas actividades superinteresantes:

 

  • A primeira hora visitounos o escritor Toño Núñez, pasámolo tope ben con él e cos seus libros. Preguntámoslle moitas cousas sobre a súa vida e os seus contos, e a verdade é que sempre nos aclarou, con moito cariño, todo o que nos lle preguntamos. Aos de 6º xa lles dixo que os esperaba o vindeiro ano, que sorte! daralles clase de Lingua Galega e co divertido que é.... supoño que as clases tamén serán moi agradables.

 

               Grazas Toño polo bo anaco que pasamos contigo, e sobre todo polas túas historias!! 

               Clicade na imaxe para ver outras fotos.

 

 

                           

 

 

 

  • E, coma todos os anos, os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Teatro, dirixidos por Afonso, estiveron actuando para nós, coma sempre rímonos moito, creo que o ano que ven tamén me vou apuntar a teatro de tanto que me gustou.

        Grazas Afonso!! grazas compañeiros e compañeiras!!

        Si clicades na foto veredes algo mais da preciosa actuación.

 

 

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.

Os nenos e nenas de Infantil disfrutamos moito cos contos: gústanos velos, gústanos lelos... pero sobre todo gústanos que nolos conten. E... por se ti  nos queres contar algún, deixamos aquí os nosos favoritos.

Para saber cales son só tes que clicar na imaxe.

 

 

Teatro: Animación á lectura

Alumnos e alumnas de teatro (actividade extraescolar) representaron para os seus compañeiros/as, baixo a dirección do seu profesor de teatro, Alfonso (do grupo Metátese), unha obra na que os personaxes dos contos convidábannos a entrar no mundo dos soños a través da lectura.

A representación tivo lugar na Biblioteca do centro. O día 9 de abril.

Parabéns aos nosos actores e actrices!                   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut