Skip to Content

Animación á lectura

Contacontos en francés

O alumnado de 1º e 2º de primaria desfrutou dunha sesión de contacontos en francés, si, si... en francés! 

Que se lles gustou? Oiu,encantoulles.

Graciñas a moreas ás contadoras!



Creamos historias

Nos primerios días de cole, as nenas e os nenos de 6º de educación infantil empregaron o Xogo de crear historias con Quirón da fundación Meniños para inventar un conto a partir de elementos escollidos ao azar e a resolución dun conflito.

Animádevos a probar na casa!

Esta foi a súa historia, a partir dos elementos: nena, fada e pozo. O conflito que tiña que aparecer era: rabuñar.

"O conto da fada"

Érase unha vez unha nena chamada Nerea. Un día foi de paseo a un bosque e atopou un pozo.

O pozo era dos desexos, Nerea lanzou unha moeda dentro e desexou que aparecese unha fada.

Cando a fada apareceu, pediulle unhas ás máxicas que lle permitisen voar a un lugar máxico onde poder bañarse entre chuches e chocolate. A fada cumpriulle o desexo.

Estaba Nerea bañándose nunha taza xigante de chocolate cando apareceu un gato xigante e a rabuñou e escapou correndo. 

De súpeto, apareceu a fada e púxolle polvos máxicos a Nerea para curarlle a ferida. Foron buscar ao gato para que lle pediran perdón. Entón, fixeron un trato: compartir a taza de chocolate e bañarse xuntos mentras xogaban á pelota. 

Día das bibliotecas

Mural Día do Libro virtual

Día do Libro 2020

 
Realiza un quiz (un cuestionario) sobre o Día do Libro.
 
Consta de 30 preguntas tipo test, con 30 segundos para contestar a cada pregunta. Polo tanto, en menos de 15 minutos estará contestado.
Como realizar o cuestionario? Hai varias opcións:
- Preme no siguiente enlace.
https://quizizz.com/join?gc=036949 (Podedes facelo tanto en ordenador, como na tablet ou no móbil).
- Unha segunda opción é descargar nun dispositivo a aplicación quizizz, rexistrarse e unirse ao xogo introducindo o código 036949.

Somos iguais

Ao longo dos meses de febreiro e de marzo o espazo das lecturas temáticas céntrase en Rosalía e na igualdade entre homes e mulleres. O claro obxectivo é seguir inculcando valores que nos acheguen a unha sociedade na que tod@s teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 

 

 

Ademais, nestes últimos días elaboramos xogos cos escornabots: nun deles descobren de xeito lúdico a vida e obra de Rosalía de Castro. Outro céntrase nos libros Pioneiras e Pioneiras 2 para incidir nalgunhas das mulleres Galegas que abriron camiño

Entra no blog da biblio para ver un vídeo sobre os traballos realizados.

Sesión contacontos

Estamos inmersos no entroido e…onte comezamos unhas sesións de contacontos nas que o alumnado de quinto axudounos a coñecer os contos de todos os disfraces: Elmer, os pitufos, pipicalzaslargas, o frautista de Hamelín, o bigote de Mimí, piratas, 101 dálmatas, Peter Pan e os futbolísimos.

A temática deste ano é temos moito conto

 

Unha morea de libros novos

Encantados estamos de ter unha morea de libros nos que mergullarnos na biblioteca grazas ao préstamo realizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 
Ademais, temos outras novidades...os recantos da biblio están mudando grazas a colaboración das familias que están aportando coxíns.

Mirade, mirade

 

Visita Toño Núñez

Encantounos recibir a Toño Núñez e escoitar os seus contiños e cancións! Un bo comezo para abrir a Semana das Letras Galegas 

Graciñas!!

 

Contacontos

Sabedes quen nos trouxo a este amiguiño para contarnos contos?

Vouvos dar unha pista...foi a nai dun compañeiro de 1º curso.

Preme na imaxe e poderás descubrilo

Dende aquí dámoslles as grazas por vir!!

Distribuir contido


by Dr. Radut