Skip to Content

Radio

Choven poesías

 En abril augas mil. Mais semella que tamén poesías!

Non perdades aos peques da aula de catro anos falándonos sobre poesía. Abride ben os oídos que teñen compañía, sabedes quenes son?

Grazas a moreas a todas as persoas que puxestes o vosa voz nestre proxecto!

Poema Rosalía

 Dámoslle a benvida á primavera recitando un poema de Rosalía de Castro!

Que está de actualidade?

Daniela Pirata

 
 

Sen dúbida, o traballo en equipo sempre sabe mellor! Velaquí tedes aos peques da aula de 4 anos cos seus amigos de 6ºB...compartimos un conto porque compartimos obxectivo: TODAS E TODOS SOMOS IGUAIS!

Non perdades as reflexión finais!

Día de San Patricio

A vindeira semana o cole tinguirase de verde, queredes saber o motivo?

Escoitade estes dous podcast para descubrilo

 

Día de Rosalía

Rosalía de Castro achegouse ata a árbore da biblio guiada por unhas voces que recitaban os seus poemas.

Queredes oilas?

 

13 de febreiro día da radio

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e como non podía ser doutra maneira, queremos brindarlle unha pequena homenaxe.

 

Saudamos na radio

 

 



 Está claro que ir á radio fascínanos! Este medio axúdanos a traballar a oralidade, a escoita, a gardar o turno de palabra e...nesta ocasión, a lembrarnos desa xentiña á que tanto queremos.

 

Velaquí van os saúdos da aula de 4 anos

 

 



 

Programa de chistes

Recomendacións lectoras

As nenas e os nenos de 6ºB queren compartir con vós os libros que leron ultimamente. Permitíronlles mergullarse en diversas aventuras. E ti, cal vas ler?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut