É tempo de outono e con el aparecen os caracois, na aula de cinco anos aproveitaron a ocasión para observalos, realizar o trazo de espiral da súa cuncha e... para aprender unha canción que grabaron na radio, aquí a deixamos para que a desfrutedes, a presentación é totalmente espontánea... xa son grandes locutores!!
O alumnado de 6ºB grava o seu último programa en radio cole Palas; toda unha mosta da súa autonomía. Botaremos moito en falta aos nenos e nenas deste grupo o vindeiro curso.
Para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos, no Programa Estimulación de Linguaxe Oral, fixeron uns contos ben chulos. Despois foron ata a radio do cole para contar as aventuras dos personaxes que crearan.