Skip to Content

Audición e Linguaxe

Os nosos contos

Para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos,  no Programa Estimulación de Linguaxe Oral, fixeron uns contos ben chulos. Despois foron ata a radio do cole para contar as aventuras dos personaxes que crearan. 

Esperamos que vos gusten tanto como a nós.

 

 

Actividades AL Verán

Chegan as vacacións de verán, e aínda que é tempo de xogar e desfrutar déixovos unhas orientacións de Estimulación da linguaxe e unhas páxinas webs con xogos moi divertidos por se queredes seguir "xogando coas palabras".

Orientacións Estimulación da Linguaxe

Páxinas web recomendadas: 

http://siembraestrellas.blogspot.com/2020/06/recopilacion-de-todas-nuestras-fichas.html

https://padlet.com/comunicarnosayl/zovpmocqxnjslbga

http://crisalida-ayl.blogspot.com/

https://www.youtube.com/user/blogmaestrosal?sub_confirmation=1

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/JugandoPalabras/familia/jugandoconpalabras.html

 

Desfrutade moito e bo verán!

Un bico enorme 

María :) 

Actividades AL

Esta semana déixovos uns xogos moi divertidos:

3 anos

Debedes estar moi atentos ao que vos mandan buscar e atopalo na imaxe, mirade ben que nesa piscina hai moitas cousas!!

4 anos

Neste xogo teredes que escoitar moi ben e seleccionar a imaxe que corresponda, abride ben as orelliñas.

Pincha aquí

 

5 anos

Neste xogo teredes que escoitar moi ben para saber se a palabra leva R ou D. Xa veredes é moi faciliño.

Pincha aquí

Actividades AL semana 21-28 maio

Esta semana déixovos uns xogos moi divertidos. No primeiro teredes que estar moi atentos e fixarvos ben para saber onde está cada obxecto, teredes que empregrar a vosa súper memoria e no segundo debedes escoller un escenario e os personaxes e crear a vosa historia. Lembrade que me podedes enviar as vosas historias e contos ao meu correo mariavazquezguerra@edu.xunta.es

A divertirse!!!

Pincha nos xogos para acceder a eles: 

- Entrenamos a nosa memoria

- Inventamos historias

 

 

Actividades AL semana 14-21 maio

Esta semana deixovos uns xogos que comparteu o mestre Moisés Roca Romero no seu blog Lenguaje de las estrellas, para xogar coas vosas familias.  Espero que vos guste tanto como min! Xa me contaredes. Se queredes enviarme algo podedes facelo o meu correo mariavazquezguerra@edu.xunta.es non ao correo que propón o xogo.

A divertirse!!!

Pincha aquí para acceder ao xogo

Actividades AL semana 7-14 de Maio

Esta semana tedes uns xogos moi divertidos. Espero que vos gusten.

3 anos

Déixovos un xogo onde teedes que estar moi atentos e adiviñar a resposta correcta. Pinchade no vídeo e a xogar Guay

4 anos

Aquí vos deixo un xogo para ir o super dende a vosa casa e que fagades a compra coas vosas familias. 

Movede as pegatinas da parte inferior a cada parte correspondente do super e xa me contaredes a ver que mercastes.



5 anos

Pepón déixavos este xogo de adiviñar, tedes que estar moi atentos e identiifcar se as palabras que escoitades son iguais ou non Canso

 

 

 

Actividades AL

3 anos: 

Conto: O vermiño e a señora Lingua

Deixo un Vermiño para que poidades pintar e xogar coa señora Lingua. Debuxo verme

4 anos 

5 anos 

Pinchade nos enlaces para ver a ficha e o xogo que nos deixou Pepón. 

Ficha

Xogo

Podedes enviar todo o que queirades a: mariavazquezguerra@edu.xunta.es

Actividades AL

Como cada xoves no cole, a mestra de AL, subirá unhas tarefas para seguir coa Estimulación Da Linguaxe. Aquí van as desta semana:

3 Anos

Conto Nicanor e o seu tractor: 

Actividade recomendada: Xogo Discriminación Auditiva

4 Anos

Conto de Chuchi: 

Actividade: pintar o Tren Chuchi e pintar ou pegar comida que leve o fonema /CH/

5 Anos

Actividade: Buscar pola casa obxectos que leven o son /S/ e o son /Z/. 

Lembrade que podedes enviarme fotos ou vídeos coas tarefas ao correo: mariavazquezguerra@edu.xunta.es

Actividades recomendadas semana 13-17 Abril.

Actividades Audición y Lenguaje semana 14-17 abril.

4º y 5º de Ed. infantil

La profe de Audición y Lenguaje os deja una serie de retos para ayudarle a Piratín a encontrar su barco. Espero que os divirtáis. Recordad que me podéis enviar fotos o vídeos de los retos a mi correo: mariavazquezguerra@edu.xunta.es

Os dejo el link con los juegos: https://view.genial.ly/5e933eeb3abe390d9844a64d/game-breakout-semana-144-174

6º de Ed. Infantil

Pepón os echa de menos y os manda un vídeo con una tarea, un dibujo donde representéis los poderes de su familia. ¿Os acordáis de ellos? Venga! Animaros. Os recuerdo que podéis enviarme vuestros dibujos a mariavazquezguerra@edu.xunta.es

Distribuir contido


by Dr. Radut