PDI

La Sirenita

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI.

Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar.

Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:

  • Lemos o conto na clase adaptándoo os distintas idades pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación  Infantil.
  • Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron os  mais pequenos tanto para contar o conto como para describir as distintas personaxes.
  • Debuxaron as personaxes principais os de cuarto de educación infantil pintáronnos e a medida que avanzou o curso tamén as debuxaron .
  • Utilizamos tamén o libro “Fauna e flora Mariña” para coñecer onde vivía a Sereiña, os distintos peixes , aprenderon os seus nomes en galego e debuxáronnos. Os máis pequenos pintaron os máis coñecidos e sinxelos.
  • Proxectamos na  aula imaxes do autor e do país onde naceu “Dinamarca” coñecendo algúns aspectos de ambos. Os nenos e nenas de sexto de educación infantil tamén situaron e pintaron Dinamarca nun mapa de Europa.
  • Os maiores da clase leron e escribiron os nomes das personaxes do conto e dos peixes que coñecemos a través do conto “Fauna e flora mariña” .
  • Presentaron o seu proxecto a principio de curso, o dia das bibliotecas, cos demais nenos e nenas do Colexio cun baile que ensaiamos na aula da película “La sirenita” de Disney.
  • Recortaron unha careta da personaxe” Sebastián” e unha diadema de flores para a  presentación do proxecto.
  • Axudaron a recortar  algunhas pezas para o disfrace do Entroido do colexio as nenas de
  • “Sirenita” e os nenos de rei “Tritón”.

 

Pasaxeiros con destino Dinamarca... última chamada!!

Durante este curso, 2018-2019, o Sueiriño VIII impregnou con tintes nórdicos todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"Pasaxeiros con destino Dinamarca...última chamada!!".

Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e continuando coa mesma metodoloxía que en anos anteriores, decidimos dedicar o noso PDI a Dinamarca.

A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa.

O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:

4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. 1º de Ed. Primaria.
2º de Ed. Primaria. 3º de Ed. Primaria.
4º de Ed. Primaria. 5º de Ed. Primaria.
6º de Ed. Primaria. Área de Relixión.
Língua inglesa. Seccións bilingües.
Aula de apoio. Aula de Ed. Física.


 

Weather News

Grazas á JMA (Japan Meteorological Agency), obtivemos cumprida información sobre o tempo meteorolóxico en tres lugares do Xapón: Tokyo, Funabashi e Hokkaido.

Cada un deles ten que ver co proxecto sobre Yayoi Kusama e Xapón: Tokyo, capital do país e onde se atopa o seu museo; Hokkaido, onde se atopan grandes extensións de lavanda; Funabashi, atopamos alí o parque Hans Christian Andersen.

No audio que podedes escoitar, os alumn@s de 6º E.P. , dan as novas do tempo: Japan Weather News.

Tamén elaboramos un mapa en relevo no que se poden visualizar os meteoros que inciden nesos tres lugares.

Situamos as Weather News no Plan Proxecta, Programa Meteoescolas e complementan o PDI da área de plástica nas sección bilingües de 1º e 2º E.P.

Atravesamos a Torii

 

ATRAVESAMOS A  TORII

Na nosa peregrinaxe polo Kumano Kodo, atravesamos a última torii do noso camiño.

E como bos dual pilgrims, ao remate do St. James way e Kumano Kodo, tanguemos a bell coa que damos fin ao noso camiñar.

Non son tan grandes como a orixinal pero puxemos toda a nosa ilusión e traballo na súa elaboración.

SAKURA CHERRY BLOSSOM

SAKURA CHERRY BLOSSOM

Chegou spring e con ela toda unha explosión de cores na natureza. Así loce o noso cherry tree do que poderemos comer moi pronto unas delicious cherries.

Coa técnica do origami demos a primeira forma ás flores que brotaron dun especialísimo cherry tree que nos achega a Yayoi Kusama.

Pasámolo ben facéndoo,  pero aínda mellor cando comamos as cherries.

As onsen ourensáns

AS  ONSEN  OURENSÁNS

Non estamos en Japan, pero disfrutando das nosas hot springs case nos sentimos no país do rising sun.

Algunhas familias quixeron colaborar no noso proxecto sobre Yayoi Kusama e o seu país de orixe, visitando algunas das zonas termais da nosa cidade.

As seguintes fotos dan conta do seu tempo de lecer nas nosas augas termais.
Moitísimas grazas a todas as familias que colaborastes nesta actividade.

A LITTLE HOKKAIDO

 

A LITTLE HOKKAIDO

Non estamos en Hokkaido pero cando medre a nosa lavender ben o parecerá.

Prantamos as seeds e regamos co fin de acadar unha orchard de cor purple. Co paso das semanas saíron os primeiros brotes e coa calor comezan a medrar.

Xa veredes o noso cole tinguido de lavender.

YAYOI KUSAMA IN THE LAND OF THE RISING POLKADOTS

Camiñando da man de Yayoi Kusama pola land of the rising polkadots, chegamos ao final do noso proxecto.

Non poidemos ter mellor remate que contar coa visita de Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Japón Galicia, á que lle mostramos o noso proxecto sobre a artista xaponesa e o seu país de orixe, Japan.

Megumi Shiozawa deunos unha clase práctica de escritura xaponesa e agasallounos cos nosos nomes en xaponés.

Temos que dar as grazas á xefa territorial e ao inspector educativo do noso centro, por acompañarnos neste día tan especial para os nosos alumn@s de 1º e 2º de E.P., que presentaban o seu proxecto a tod@s os compañeir@s.

Nesta exposición mostramos as nosas obras de arte sobre Yayoi Kusama e as nosas aprendizaxes sobre o país do sol nacente: Desde a benvida ao curso na porta da clase, pasando pola presentación do proxecto no día das bibliotecas, alá polo mes de outubro, as pumpkins, Christmas trees, peace day, pilgrimage, obliteration corner, kamishibai, lavender, sakura cherry blossom, onsen.

Os máis peques do cole aportaron as pumpkins de Yayoi Kusama e as mini Yayoi coas cores axeitadas a cada parte do proxecto.

Os alumn@s de 4º E.P. colaboraron con nós aportando un pequeño proxecto sobre o parque de Hans Christian Andersen en Funabashi. ( Odense e Funabashi son cidades irmáns ).

O alumnado de 6º E.P. tamén colaborou neste proxecto dando as novas do tempo nas ciudades protagonistas no proxecto: Tokio, Funabashi e Hokkaido.

GRAZAS A TODAS e TODOS OS QUE FORMASTES PARTES DESTE PROXECTO!

 

El patito feo

O alumnado de 1º de Ed. Primaria traballou ao longo do segundo trimestre sobre o conto de Hans Christian AndersenO parruliño feo” conseguindo alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Favorecer e potenciar a tolerancia e o respecto polo diferente.
  • Adquirir a superación como valor.
  • Mellorar a autoestima.
  • Aumentar o vocabulario.

As principais actividades realizadas foron as seguintes: ilustrar e colorear  debuxos do conto, facer  con pasta de modelar as personaxes do conto, realización de un cómic do conto en viñetas, diversas lecturas sobre o conto. Asemade, no Entroido, os nenos da clase, disfrazáronse de parruliños e un alumno da personaxe principal do conto.

Distribuir contido