Dinamarca: o país máis feliz do mundo.

O curso escolar 2018/2019, a aula de 6º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Dinamarca”, na temática centrada na seguinte afirmación “Dinamarca: o pais máis feliz do mundo”.

O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:

  • Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
  • Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
  • Maior compromiso mellorando o desempeño.
  • Máis ideas.
  • Máis creatividade e a aprendizaxe.
  • Mellora a comunicación e reduce a tensión.
  • Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.

Traballamos os seguintes obxectivos:

  • Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
  • Establecer obxectivos comúns
  • Crear sentido de pertenza
  • Involucrar ao alumnado na toma de decisións
  • Buscar o entendemento entre partes
  • Impulsar a comunicación
  • Aproveitar a diversidade
  • Celebrar os éxitos do grupo
  • Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida

Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (proxectos documentais integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados na afirmación “Dinamarca: o pais máis feliz do mundo” son os seguintes: 
Obxectivos:

  • Achegar ao alumnado a existencia de diferentes culturas e os seus trazos característicos.
  • Fomentar a interculturalidade,
  • Desenvolver a imaxinación mediante a literatura infantil.
  • Fomentar o gusto pola lectura.
  • A implementación dos contidos relacionados co Patrimonio Cultural na cultura danesa.
  • A mellora do material didáctico relacionado coa capacitación do alumnado en materia da cultura danesa.
  • O fomento da formación no valor social, cultural, económico e identitario dos bens culturais de Dinamarca.
  • Contidos.
  • Cultura, socialización, fogar e familia, hospitalidade, democracia, igualdade e liberdade de expresión, estilo de vida, logros culturais e política cultural. 
  • Análise crítica dun texto, conto, libros,... uso das tics, uso de técnicas de recompilación de datos en socioloxía (entrevistas), elaboración de resumos, selección de información relevante...
  • Sentido crítico ante valores sociais dados, relativización dos patróns culturais, apertura ante novas formas de entender a relación entre as persoas de culturas diferentes,...

Competencias clave:

  • Competencia en comunicación lingüística: a través da análise de textos e elaboración dunha disertación.
  • Competencia dixital: procura de información na internet, elaboración dunha presentación a partir da “historia de vida en Dinamarca” que é a tarefa final. Elaboración de mapas conceptuais sobre o tema usando programas informáticos axeitados
  • Competencias sociais e cívicas: na análise da orixe social das diferenzas de xénero e a valoración persoal e crítica dos valores sociais que subxacen.
  • Competencia para aprender a aprender: Aplicación do estudado na aula a situacións cotiás e á súa experiencia persoal na relación entre homes e mulleres.
  • Sentido da iniciativa e o espírito emprendedor: organización persoal do traballo, autonomía na realización das actividades e a tarefa final proposta
  • Conciencia e expresións culturais, fai referencia a capacidade do alumando para apreciar a importancia da expresión a través da expresión cultural (música, artes plásticas, escénicas e a literatura).

As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
 
1º trimestre:

  • Día 5 de outubro: actividade grupal para celebrar o encontro coa autora Leanne Rivera.
  • Día 24 de outubro: presentación do PDI da aula de 6º de Educación Primaria que leva por título “Dinamarca: pais máis feliz do mundo”.

2º trimestre:

  • Dende o  día 16 de xaneiro ata o día 12 de marzo realizáronse os obradoiros pola igualdade, sendo este un dos principios sociais indiscutibles na sociedade danesa.
  • Día 9 de febreiro: Entroido. A garda Real Danesa.

3º trimestre:

  • Caza do tesouro sobre Dinamarca.
  • Avaliación final a través do programa didáctico “Kahoot”

Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.