Servizo de préstamo de fondos da biblioteca

Ao longo do curso 2018/2019 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca, realizando préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.

Xogos viquingos

Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses.

Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.

Fixemos lecturas colectivas dos libros:

  • “Los futbolísimos. El misterio del castillo encantado…” cuxa historia desenvolvese en Escocia, que foi o primeiro lugar a onde chegaron os vikingos.
  • “El amanecer de los vikingos” que conta como os vikingos que sucaron os mares de Dinamarca, Noruega e Suecia, atacaron as costas de Ecocia e Irlanda.

Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais  de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS.

Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses.

Xogos  vikingos como:

  • GEITUR SKOT: o tamén chamado tiro de cabras
  • SPINNING TOP:  xogo de  peonza
  • Glima: tipo de loita libre
  • TAFLO HNEFA – TAFL: parecido ao xadrez

Xogos treadicionais daneses como:

  • CHISPA HASTA DAASEN: é unha variante do escondite, xógase cun bote e para librarse hai que patealo.
  • A NODDER OM KLUNSE: xogo de mans con avelás
  • KLUDDERMOR: desfacer un nó de persoas
  • SKRABNAESE: con palillos de madera

 

Producións materiais da biblioteca no curso 2018/2019

Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=48

Ligazóns a traballos elaborados na rede.

Drupal.

Moodle.

Actualizamos os recursos TIC para lingua e matemáticas:

Asemade actualizamos os xa existentes de:

Blogs do cole

Google drive/docs.

Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.

Presentacións en Genially

Canal Youtube.

Google maps:

Exelearning:

Audios co programa Audacity:

Maquetacións:

Vídeo

Actualizamos os repositorios de recursos educativos:

Os viquingos en Dinamarca

Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”.

Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.

  • Bos navegantes.
  • Saqueaban pobos e ciudades.
  • Fabricaban as súas armas.
  • Tiñan moitos deuses.

Posteriormente, adentrámonos sobre o  que querían saber sobre dita cultura :

  • Orixe e historia.
  • Vida social e clases.
  • Cultura.
  • Elección dos seus xefes.
  • Papel da muller , etc.

Entre as  ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:

  • Búsqueda de información sobre os apartados e nomenclatura da CDU para encuadrar a historia dos viquingos.
  • Lectura de libros e revistas.
  • Pescuda de información en Internet.
  • Visionado de documentais e cortometraxes.
  • Documentación e xogos sobre os viquingos ( Libro “Erik y Harald, guerreros vikingos).
  • Reforzado co concurso de animación á lectura.
  • Elaboración de disfraces de viquingos ( Entroido) e as súas armas( espada, escudo …..).
  • Confección dun DRAKKAR ( barco de guerra  viquingo).
  • Elaboración de coplas para o asalto ao mosteiro.

A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a  consecución deste proxecto.

A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva.

O xardín dos deuses

Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".

Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.

Os principais traballos realizados foron os seguintes:

  • No mes de outubro presentamos o noso PDI na biblioteca do centro cos seguintes traballos realizados no recanto fedelleiro da aula de apoio:

  • Fixemos un traballo de documentación sobre a mitoloxía. Con toda a informacion conseguida realizamos os seguintes traballos:

Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.

  • Cos materiais recollidos na fase de documentación realizamos unha curta no recanto fedelleiro da nosa aula sobre os nove mundos da mitoloxía nórdica:

  • Por último, aplicamos unha metodoloxía gamificadora para avaliar as aprendizaxes conseguidas co programa enliña de Kahoot!

Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.

GALERÍA DE IMAXES

Libros que van e veñen

O alumnado de Ed. Infantil, este curso continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen".

Estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres de cada semana. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollidos polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros.

É de agradecer ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.

No seguinte documento podemos ver algúns exemplos dos seus traballos na casa.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Ed. Primaria.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlleao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

Hora de ler de 3º Ed. Primaira

Como estaba programado, suxerimos e planificamos as actividades que tiñamos recollidas no proxecto inicial na súa meirande parte. En ditas actividades houbo moi boa resposta, acadando os obxectivos propostos, cun grao de cumprimento satisfactorio.

En definitiva acadamos en gran medida os obxectivos que nos propuxemos ao inicio do curso, e as actividades que propuxemos tiveron unha gran resposta por parte de todos.

A hora de ler realizouse todos os días, durante os vinte minutos posteriores ao recreo.

Dedícanse á lectura en todas as aulas. Trátase dunha actividade regrada e recollida no horario escolar na que participa todo o alumnado e profesorado do centro.

A miña hora de ler é con 3º de Educación Primaria, os martes e mércores de 12 a 12’20h.

Neste curso, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura na aula de terceiro  de Primaria.

  • Levamos a cabo “CONCURSOS DE LECTURA”.
  • Limos na aula en voz alta "Rita y los ladornes de tumbas".
  • Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.
  • Traballamos o libro “El soldadito de plomo” e o seu autor Andersen.
  • Limos na aula en voz alta “Charlie y la fábrica de chocolate”.
  • Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.
  • Tamén traballamos dististo a autores que se foron conmemorando ao longo do curso.

Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca.

En terceiro, escollemos o tema dos xogos  viquingos e tradicionais danesas.

Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama.

Fixemos lecturas colectivas dos libros:

  • "Los futbolísimos. El misterio del castillo encantado…” cuxa historia desenvolvese en Escocia, que foi o primeiro lugar a onde chegaron os vikingos.
  • "El amanecer de los vikingos” que conta como os vikingos que sucaron os mares de Dinamarca, Noruega e Suecia, atacaron as costas de Ecocia e Irlanda.

FROM ODENSE TO FUNABASHI

O alumnado de 4º E.P. aportou ao PDI de centro un proxecto no que unimos a cidade de Odense coa de Funabashi en Xapón, na que se encontra un parque adicado a Hans Christian Andersen. As dúas cidades están irmanadas grazas ao autor danés.

Co noso autobús da compañía CDU, collemos a liña 3 que percorre as ciencias sociais, a liña 8 que transita polas rúas da literatura, e a liña 9 que organiza as viaxes.

Esta asociación de Dinamarca co Xapón nos serve para complementar o proxecto da área de plástica nas sección bilingües adicada á artista Yayoi Kusama e Xapón.