O día 24 de abril visitounos Anxo Moure. Para recibilo os nenos de infantil e 1º ciclo elaboramos un mural con debuxos das súas obras máis coñecidas " A Xacia Lubiñas" e "O Carballo con Botas".
Estivemos con el na biblioteca do cole, onde participamos na dramatización dos seus contos dun xeito divertido.
Por último, firmounos os exemplares e fixemos unha foto de recordo.
No mes de marzo tivemos a visita dun contacontos da editorial Kalandraka gracias á familia dun dos alumnos do cole.
Aos nenos e nenas do cole gustounos moito esta visita.