SAÍDA Á CORUÑA

O xoves, día 10 de abril, fixemos unha saída A Coruña.

 

  Nada máis chegar fomos ao Teatro  Colón  á representación da obra "Valados" de Agustín Fernández Paz. Tivemos a sorte de que nos colocaron nos palcos centrais, foi impresionante! Ao entrar quedamos abraiados!!!

 

 

                                                                                              

A continuación fomos visitar o Museo Militar, recibíronnos moi ben, incluso nos acompañou un CORONEL!!!!. Contáronnos a Historia de España a través das pezas do museo (escudos, bustos, vestimentas, armas...)

Para xantar fomos ao Pazo de Deportes, alí comemos e xogamos un montón.

Antes de marchar decidimos ir ao Monte de San Pedro, onde o tempo non nos chegou a nada, comemos un xeado e pouco máis.

Xa estamos esperando pola seguinte.

Powered by Drupal - Design by artinet