Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Listaxes provisionais de admisión para o curso 2015/16

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2015/16 foi admitido.

Xuntamos listaxes de admisión.

De momento non podemos informar sobre a situación das solicitudes de servizos complementarios, transporte e comedor. Esperamos dispoñer dunha información moi provisional a mediados do mes de abril. Posteriormente, cando nos confirmen as normas de admisión para comedor e transporte, publicaránse as listaxes correspondentes.

Daniel Souto Pazó, premiado pola Voz de Galicia

Fallado o concurso infantil de redacción e debuxo da Voz de Galicia.

Máis de 1500 escolares de preto de 25 municipios na área de influenza da delegación da Voz de Galicia de Santiago de Compostela participaron nos concursos de debuxo e redacción "Coñece o teu concello".

Precisamente na modalidade de redacción, o noso compañeiro, veciño e alumno, Daniel Souto Pazó, gañou o primeiro premio no seu relato sobre a orixe de Brión.

Os gañadores recibirán un Apple Ipad mini e os cuatro accésits consistirán en sendas Tablet Samsung. Os agasallos entregaránse nun acto no pazo de Raxoi próximamente.

Non será este o primeiro nin o último premio para Daniel, lembremos que o curso pasado, Daniel recibirá un dos premios gañadores no XI Certame Literario do Concello de Ames.

Noraboa compañeiro, todos estamos orgullosos e disfrutamos co teu premio.

Premendo nesta ligazón, accederás ao traballo presentado por Daniel e premiado no concurso.

As pequenas e pequenos descubrimos a eclipse

O alumnado de infantil tamén quería descubrir que acontecería o día da eclipse e foron Irene e Pamela, as profes de prácticas, quen no lo explicaron con moita calma.

Agora entendemos mellor o que é, como se produce e que debemos facer para velo con seguridade.

Charlas e obradoiros 8 de marzo Día da Muller

Con motivo da celebración do Día da Muller, o pasado 8 de marzo, organizamos un programa de charlas e obradoiros que se están desenvolvendo durante esta segunda quincena de marzo e onde a Luz estivese presente no seu ámbito formativo e/ou laboral.

  • O  martes, 17, visitounos Silvia García González, decana e profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra, dándolle unha conferencia ao alumnado de 5º de Primaria sobre “A luz coma materia prima na arte”.

    

  • O mércores, 18, estiveron connosco Eva Núñez Pérez, farmacéutica de Brión, e Carmen Castro Martínez, astrofísica. Eva fixo un obradoiro co alumnado de 3º de Primaria, sobre a extracción dos pigmentos que conteñen as espinafres e Carmen obradoiros relacionados co eclipse que terá lugar o 20 deste mes.

              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Posteriormente,fixose unha exposición cos traballos realizados e que o alumnado explicou aos seus compañeiros e compañeiras da escola.

 

  •   Por último, o luns 23, o alumnado de 6º foi invitado polo profesorado do IES de Brión para realizar un obradoiro sobre  “A construcción de cociñas solares”. Estiveron con eles Mª Luz Ramos , profesora de Tecnoloxía e Xavier Lorenzo Abalde, profesor de Plástica.

 

 

 

 

    

 

 

 

 

 

 

 

Agradecemos a todas/os a súa implicación.

Podedes ver máis fotos na galería se premedes aquí.

Contacontos Atlántica

Durante esta semana, todo o alumnado do CEIP Pedrouzos participou nun programa de contadores e contadoras de contos, escoitando historias, anécdotas e contos,  con motivo da celebración da  3ª edición do Festival Internacional de Narración Oral “Atlántica”.

Contamos coa presencia de Patricia Mc Gill, de Uruguai, para Infantil; con Ana Lage, de Portugal, para os de 1º e 2º; con Magda Labarga, de Canarias, para os de 3º e 4º  e finalmente, con Yoshi Hioki, de Xapón, para os de 5º e 6º .

Resultou unha actividade moi emocionante e interesante, con moitas ganas de repetila para o próximo curso.

Patricia Mc Gill Ana Lage
Magda Labarga Yoshi Hioki

Agradecemos a súa presenza e o rato tan fantástico que pasamos coas súas historias.

Sesión de contacontos con Raquel Queizás

 

Raquel Queizás, actriz e contacontos, veu á nosa escola coa súa mapaleta ( mapa+ maleta ), da que sacou dúas lendas, unha de China e outra de Perú.

A que máis nos gustou foi a de Perú. Esta lenda explica por que os coellos teñen as orellas grandes.

Raquel pediu a participación do público e saíron Carlos e Benedicta. Carlos fixo de gorila e Benedicta de serpe.

Gustounos moito esta sorpresa, agasallo da editorial Edelvives.

 

Ana, Irene, Natalia e Jessica

Comemos o Antroido

Todos os anos en colaboración coas familias en Infantil "COMEMOS O ANTROIDO", é dicir, facemos unha festa na que degustamos aqueles pratos típicos destas datas.

 

 

 

A maleta dos libros

Dende á biblioteca e como o curso pasado recuperamos para infantil e o primeiro ciclo a actividade da maleta dos libros; nela cada semana atopamos un libro. Un conto, un libro de poemas... unha nova proposta de lectura para voar ao mundo dos contos e da imaxinación na nosa hora de biblioteca.

  

Unha nova emoción cada semana, un novo descubrimento, un verdadeiro placer!!!

ENTROIDO 2015

 Galería fotos festival do Entroido

De novo, chega febreiro cunha das celebracións máis amenas do ano, o Entroido. A próxima semana, xa dende o luns, comezamos a disfrazarnos segundo os mandados de Lupiña, tal e como indica o cartel. Remataremos o venres, 13, co gran desfile de comparsas no pavillón. Este curso están relacionadas co tema da luz: vagalumes, astros, bombillas, lóstregos, ....... .

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut