Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Só lles falta falar

Hoxe tivemos uns convidados moi especiais dentro das actividades organizadas para conmemorar o día da Discapacidade: Nove cans do club "Só lles falta falar" acompañados polos seus donos e coidadores.

María Sabell, especialista en comportamento animal, faloulle ao alumnado de segundo de Primaria do coidado, características e beneficios que estes animais poden ofertar a todas as persoas e especialmente a aquelas con algún tipo de discapacidade. En Compostela, onde a asociación está máis asentada, realizan programas de terapia nos que os cans son empregados como «mediciña» en determinadas patoloxías ou  incapacidades.

A experiencia foi magnífica, os nosos nenos e nenas acariñaron, cepillaron e pasearon a estes incribles amigos e puideron satisfacer  a súa curiosidade formulándolle todas as preguntas que quixeron a María, Pablo, Ana  e ós outros membros do club.

Moitas grazas a estes especiais amigos

(VER FOTOS)

 

Todos somos quen!!!

O 3 de decembro é o día internacional da discapacidade. Queremos facer visibles a todas aquelas persoas con esta condición  e sensibilizar ao noso alumnado sobre este tema, rompendo  as barreiras sociais que dificultan a integración destas persoas.

Ao longo de dúas semanas realizaremos actividades con este obxectivo: visualización de curtas, ciclo de cine, obradoiros e charlas, realización de lemas e carteis e exposición de materias da Once e bibliograficos.

Contaremos coa participación en charlas e obradoiros de varias organizacións que traballan neste campo: Once, Cogami, Federación de Xordos, So lles falta falar e Down Compostela. A todas elas o noso maior agradecemento.

(Imaxe cedida por Aceesca, asociación comarcal educación especial de Porriño)

logo da campaña

Cuestionario de convivencia 2015

Ligazón á páxina de CONVIVENCIA E XESTIÓN onde dispoñemos de información sobre o cuestionario enviado ás familias.

Magosto

Polo Magosto, castañas e mosto!!!

Todo o colexio participou na celebración desta festa. Dende moi cedo, estivemos traballando facendo os cucuruchos, cestiños ou caixas para as castañas, logo disfrutamos nos xogos: pita cega, bolos, tragacastañas, tira da corda, zancos,... os compañeiros de sexto foron os monitores. E por fin .... a comer as castañas que se estaban asando nas fogueiras.

Agradecer a colaboración do Concello de Brión que preparou o lume e a Anpa do cole que aportou os zumes cos que acompañamos as castañas. E por certo... estaban boísimas!!!!

(Ver máis fotos)

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Requisitos:
-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros
-Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
-As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.
-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (10 novembro de 2015)
-Máis información e impresos:
http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

Obradoiro creativo con Sonia Esturao

 

 

A artista plástica Sonia Esturao impartiu no noso Centro un obradoiro que forma parte do Programa desenvolvemento Creativo, que está a desenvolver o MAC ( Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ) en colexios e institutos.

O obradorio What eyes can´t see, impartido en inglés, consistitu nunha presentación inicial onde puidemos ver distintos exemplos de ilusións ópticas, que nos demostran que non sempre o que vemos é o que é na realidade. A continuación fixemos unha escultura de papel baseada nos conceptos presentados.

 

   

 

 

 MÁIS FOTOS DO OBRADOIRO

 

 

 

Ciclo de cine de Samaín

Ao longo desta semana teremos o noso xa clásico ciclo de películas de medo. As proxeccións teran lugar na biblioteca no recreo do comedor.

As cabazas do Samaín

Un ano máis os nosos alumnos e alumnas sorprendéronnos  cunhas arrepiantes cabazas.

Bruxas, morcegos, zombis, mortos, bichería, pantasmas ... están representados e acompañarannos nesta semana na que o medo é o protagonista.

Convidamos ás familias a visitar esta terrorífica mostra, situada na entrada do centro. Para aqueles que non poidan vir, aquí tedes estas fotografías que serviran de testemuña da orixinalidade destas creacións.

Reunión 4º Infantil

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

Os titores convocan aos pais/nais/responsables do alumnado de 4º de Infantil para o venres 4 de setembro, ás 16:30h, na biblioteca do centro, para tratar os seguintes temas:

-Normas de inicio de curso
-Periodo de adaptación
-Horario periodo de adaptación

Pedrouzos, 2 de setembro de 2015

Relación de libros de texto curso 2015/16

Publicamos a relación de libros de texto para o curso 2015/16.

Recordamos ao alumnado de 3º e 5º de primaria que non adquira libros de texto ata asistir á primeira reunión de titoría que celebraremos o luns 14 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut