Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Durante esta última semana de outubro,  celebramos O Samaín, festa de orixe celta, na que participou toda a comunidade educativa aportando manualidades como cabazas decoradas e diversas composicións terroríficas, que estiveron expostas na entrada do colexio.

Durante o recreo, o alumnado que participou na creación de microrrelatos de medo, tivo a oportunidade de lelos na biblioteca.

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES

Roi Álvarez 2ºB

Héctor Ojea 2ºB

Naiara Calvo 3ºA

Violeta Fornés 3ºA

Lorena González 3ºB

Claudia Rodríguez 3ºC 

Sara Molinos 5ºB

Mara Villamarín 2ºC

Silvia Rabuñal 2ºC

Eirena Souto 4ºC

Saleta Lorenzo 6º B

Lorena Diéguez 5ºB

Matías Rodríguez 5ºB

Sara García 5ºB

Diana Cantorna 5ºB

Manuel Fernández 5º B

Sara García 6º B que

leu o relato de Saleta

Daniel Souto 6ºC

Tamén se proxectaron películas relacionadas con esta festa, no recreo da tarde

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

Prema na imaxe para acceder á galería do Samaín.

Renovación Consello Escolar novembro 2014

Durante o mes de novembro desenvolverase o proceso de renovación do CONSELLO ESCOLAR do centro.

O luns 27 de outubro celebrouse o sorteo público da Xunta electoral, quedando como segue:

Representante dos pais/nais: Karina Mabel Larramendi Balladares

Representante persoal non docente: María Estrella Barreiro Barreiro

Representante do Profesorado: María Gómez Paz

Director: José Antonio Martínez Lista

Unha vez constituída a xunta electoral, elaborarase o calendario de todo o proceso, para a presentación dos listados, proclamación de candidaturas, xornada de votación e notificación de persoal electo.

Brión, 28 de outubro de 2014

Seoane móstranos a luz

Coa profe Ariana estamos a traballar a obra de LUIS SEOANE, o pintor galego, coas súas grandes vidrieras proporcionanos a oportunidade de estudar a teoría da cor e o PROXECTO DA LUZ que estamos a traballar na escola. Queremos mostrarvos o resultado.

Menús comedor outubro-novembro-decembro 2014

Xuntamos menús do mes de outubro, novembro e decembro do curso 2014/15.

Prema na imaxe para acceder ao arquivo.

Actualización listaxes de espera comedor 2014/15

Hoxe 29 de setembro reuniuse o Consello Escolar do centro para, entre outros puntos, actualizar os listados de espera do servizo de comedor escolar.

Debido a algunhas renuncias puidéronse incorporar ao servizo catorce novos usuarios.

De producirse novas vacantes, iremos incorporando alumnado.

Xuntamo un ficheiro coa listaxe de espera actualizado.

A dirección

PRESENTACIÓN DE DIVERSAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Comezou o curso cunha mostra de actividades lúdicas co fin de presentarllas ao alumnado e animalo a participar nelas.

A primeira foi unha exhibición de tiro con arco a cargo de tres profesionales, actividade que tivo lugar no patio do colexio e na que o alumnado tivo a oportunidade de demostrar as súas habilidades no manexo do arco.

A segunda que tivo lugar o pasado xoves, 25 de setembro, consistiu na presentación de dous instrumentos musicales, violín e gaita, por parte de dous profesionais da Escola de Música de Negreira. Ademáis da explicación detallada de cada un dos instrumentos, responderon ás curiosidades do alumnado e amenizáronnos a xornada con algunhas pezas musicais.

Agradecer a estes profesionais o interese mostrado, tanto por parte do alumnado coma do profesorado.

           

   

Novas reunións de titorías

Luns 22 de setembro ás 16:45h:

  • 5º e 6º de infantil. No ximnasio do centro

Martes 23 de setembro ás 16:45:

  • 3º de Primaria na biblioteca
  • 4º de Primaria, cada curso na súa titoría.

Luns, 29 de setembro ás 16:45 h.

  • 5º e 6º de Primaria, cada curso na súa titoría

Nelas os titores/as comentaras as novas deste curso escolar, normas e organización escolar.

Reunión titorías 1º Nivel de Primaria 2014/15

Convocamos ás familias do alumnado de 1º de Primaria a unha reunión informativa con titoras e profesorado sobre as normas do centro e a organización do curso 2014/15.

Data: Luns 15 de setembro

Hora: 16:45 h

Lugar: Biblioteca do centro

Inicio de curso. Calendario escolar 2014/15

ACTIVIDADES LECTIVAS

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h.

Reunión 4º infantil: Periodo adaptación

Informamos da convocatoria de reunión coas familas de 4º de Ed. Infantil para tratar entre outras cuestións, o PERIODO DE ADAPTACIÓN e entrevista persoal.

Data: 4 de setembro de 2014

Hora: 16:30h

Lugar: Biblioteca do centro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut