Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

DÍA DO LIBRO

Este ano conmemoramos o día do libro coa representación, o venres 22 de abril, dunha obra de teatro de Xosé Neira Vilas, "O espantallo amigo" polo grupo de teatro OS QUINQUILLÁNS. Ao remate da actuación os nenos e nenas recibirán un agasallo literario.

Para facelo posible colaboraron o Concello de Brión, a Anpa do centro, Andaravia, e a editorial Galaxia.

O noso agradecemento a todos eles.

 

A TAN DESEXADA VISITA DE LEDICIA COSTAS

O próximo martes, 12 de abril, visitaranos a autora da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas.
Recibirémola na biblioteca, o alumnado e profesorado de 4º de Primaria, ás 13:30 h. E, se dispón de tempo, gustaríanos que nos respondese ás preguntas-curiosidades que lle enviamos por correo electrónico. Tamén aproveitaremos para que nos asine os libros, tanto o de Escarlatina coma o de Esmeraldina. Ésta última, precuela da primeira, xa houbo quen sentiu a curiosidade de mercala e seguir lendo estas apaisonantes aventuras.
A todos nos encantou a súa obra e esperamos, ansiosos, a súa chegada.
 
Alumnado de 4º de Primaria
 

Menús comedor 3º trimestre 2015/16

Xuntamos menús para o cemedoir escolar no 3º trimestre do curso escolar 2015/16. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Prazas vacantes curso 2016-17

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas (reserva unitarias e permanencia), informamos das prazas vacantes para o curso escolar 2016-17.

 

Festival Entroido 2016

Este ano o Entroido xirou en torno ao proxecto que estamos a desenvolver no centro "Cóntame ciencia". Os contos e as súas personaxes foron os protagonistas desta xornada festiva.

(Ver fotos)

alicia zombies

Videos Festival Entroido 2015/16

Educación Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

1º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

2º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

3º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

 4º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

 5º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

 6º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

Baile final

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2016

Comezamos coas actividades do Entroido!!!

E para preparar o ambiente festivo do festival que terá lugar o día 5 de febreiro, aquí tedes os mandados para a próxima semana:

cartel cos mandados do Entroido

Menús comedor 2º trimestre curso escolar 2015/16

Xuntamos menús do servizo de comedor para o segundo trimestre do curso escolar 2015/16.

Os Paxes Reais en Pedrouzos

Hoxe os nenos e nenas do Ceip de Pedrouzos recibiron a visita dos Paxes de SS.MM. os Reis de Oriente aos que lles poideron entregar as súas cartas. Ao mesmo tempo os Paxes deron a cada neno un doce agasallo.

(ver fotos)

Visita do Apalpador

O Apalpador veu da serra do Courel para visitar aos máis pequenos/as de Pedrouzos.

Na noite do 25 ou do 31 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoa as altas montañas nas que vive e baixa ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasen fame e como agasallo de Nadal deixalles unha boa presa de castañas asadas.

 O Apalpador tamén falounos do importante que é ter unha alimentación sá e equilibrada e de respectar e coidar o noso entorno. (ver fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut