Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Curso de Manipuladores de alimentos

O venres 18 de novembro, celebrouse no noso cole o cursiño de manipuladores de alimentos no que participaron as nais/pais colaboradores do comedor. Agradecer a anpa Andaravía a súa colaboración ao asumir a metade dos custes desta actividade.

Celebramos o Día do peón

O venres 11 de novembro todo o alumnado do colexio celebramos o Dia do peón.

 Primeiro fomos á biblioteca ver un vídeo de como se fan os trompos tradicionais e despois saímos ao patio. Aos de 4º tocounos no campo vermello, e alí xogamos a chepa, ao relevo, ao truco e por último tiramos o trompo todos xuntos para facer un vídeo.

 Pasámolo xenial !!

 Álex Blanco

"Polo San Martiño, peóns ao camiño"

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por todo o colexio.

(ver fotos)


 

As cabazas do Samaín

Na entrada dos edificios de Primaria e de Infantil están instaladas as exposicións de cabazas realizadas polos nosos nenos e nenas axudados polas súas familias. Tedes ata o venres para visitar esta marabillosa mostra.

Ver fotos

 

O Día dos Mortos

 

Do departamento de inglés do cole xurdiu a idea de traballar esta tradición que sendo de orixe mexicana, está impoñendose na cultura anglosaxona.

O martes 25, Eduardo Rojas, escritor e pai dunha alumna de terceiro dará unha charla ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria sobre a orixe desta mostra cultural indíxena.
Montaremos un Altar dos Mortos típico desta conmemoración na planta primeira que decoraremos con:

  • Picados e flores de papel que fáran nas sesións de plástica.
  • Calaveritas de azucre.
  • Catrinas ou Calaveras Garbanceras realizados nos obradoiros que terán lugar nos recreos desta semana
  • Calaveritas literarias feitas nas titorías

 (ver fotos)

Menús 1º trimestre curso 2016/17

Xuntamos os menús do comedor escolar para os meses de outubro, novembro e decembro.

 

Menú Comedor mes de setembro

Xuntamos menús para o comedor escolar para o mes de setembro do curso escolar 2016/17. Prema na imaxe para acceder á proposta:

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2016-2017

Xa están convocadas as axudas do MEC para o alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

Estas axudas poden solicitalas o alumnado con TDAH, discapacidade ou trastorno grave de conduta e altas capacidades.

O prazo remata o 29 de setembro.

Maís información no Departamento de Orientación do centro

IMPRESO

Inicio de curso 2016/17. Calendario escolar

 RESUMO CALENDARIO ESCOLAR 2016/17

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h.

Actualización das Listaxes fondo de Libros texto 16/17

Consultar a asignación de libros nas dúas listaxes. Ainda que o/a alumno/a apareza con libros asignados na primeira lista comprobar se ten algún máis na segunda.

   LISTAXE 1      LISTAXE  2   

Distribuir contido


by Dr. Radut