Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Entrega dos premios do Concurso fotográfico "O Outono"

Moitas foron as fotografías presentadas neste certame organizado pola equipa de dinamización lingüística do centro. O xurado, formado por pais e nais, profesorado e persoal non docente o tivo moi complicado para realizar a súa elección, debido a gran calidade dos traballos presentados en torno ao tema proposto "O Outono".

O xefe de estudos, Xoán, e o Coordinador da equipa, Mingos, foron os encargados de facer a entrega dos agasallos.

Parabens aos premiados!!!!!

Ver fotos presentadas ao concurso

 

Entrega dos premios do Concurso de tarxetas de Nadal

Hoxe na biblioteca do cole fíxose a entrega dos agasallos aos gañadores e finalistas do Concurso de tarxetas de Nadal que organiza o Concello de Brión e no que todos os anos colabora o noso centro. O alcalde, José Luis García e o director do CEIP de Pedrouzos, Xosé Antonio Martínez foron os encargados de recoñecer o traballo destes alumnos e alumnas con estes premios.

Parabens aos autores/as dos traballos escollidos e agradecer a todo o alumnado a participación nesta iniciativa!!

Calendario de Davila para a Universidade de Vigo

Calendario de Davila para a Universidade de Vigo

Podes descargar o calendario pulsando sobre a imaxe

PROYECTO DE INNOVACIÓN “OBSERVA_ACCIÓN”

O noso centro educativo foi invitado a participar pola Consellería de Educación (CAFI) e a Consejería de Educación de Castela e León no proxecto:

PROYECTO DE INNOVACIÓN “OBSERVA_ACCIÓN”

Formación para el desarrollo profesional docente a través de la observación, el intercambio y la formación en la acción educativa» durante el curso escolar 2016-17

Profesorado do centro intercambiará e observará boas prácticas educativas na utilización das TIC's na educación.

 

 

VISITA DOS PAXES REAIS

O último día de clase os máis pequenos e pequenas do cole puideron entregar as cartas  dos Reis Magos aos paxes das súas maxestades.

(ver fotos)

O profesorado e persoal non docente do Ceip de Pedrouzos desexa á toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz ano 2017!!!

A FISHY TALE

O departamento de inglés do centro organizou unha representación de teatro nesta lingua para todo o alumnado do centro. A conpañia FACE TO FACE representou a obra Fishy Tale que narra a historia dun pobre mariñeiro e a súa muller.

Concurso Fotográfico de Outono

Dada a gran calidade das fotografías presentadas, o xurado decidiu otorgar un premio máis en cada categoría. Deste xeito daranse tres premios en cada categoría, quedando a relación como segue:

Infantil e 1º Ciclo de Primaria:

Aroa Prieto Fernández 2º B (Ver Foto)

Sara Lameiro Costa (Ver Foto)

Elia Rivera Mayo 1ºC (Ver Foto)

2º e 3º Ciclo de Primaria:

Abel Bello Tobío 5ºC (Ver Foto)

Nicolás Lameiro Costa (Ver Foto)

Violeta Fornés Rodríguez 5ºC (Ver Foto)

Ver Galería do Concurso Fotográfico

* O Xurado estivo composto por dous repesentantes da ANPA, dous mestres e unha representante de Persoal Non Docente.

Farase unha entrega de premios á volta das vacacións.

CHOCOLATADA

O noso alumnado é moi lambón e hoxe disfrutaron dun delicioso chocolate acompañado con rosca. O chocolate foi preparado polo persoal de cociña do centro ao que lle agradecemos a súa colaboración ao facer posible esta despedida tan doce do ano.  Estaba de rechupete!!!!

Bo Nadal

 

Informamos que as clases e servizos complementarios de transporte e comedor para este trimestre,  rematan o mércores día 21 de decembro.


O martes 20 disfrutaremos dunha obra de teatro en inglés e dunha chocolatada con rosca.

O mércores, día 21, teremos unha xornada especial coa visita dos Paxes Reais para recoller as cartas dos Reis.

As vacacións de Nadal rematarán o domingo 8 de xaneiro, para reiniciar as clases e os servizos complementarios o luns 9.

Dirección, claustro de mestres/as, persoal non docente e colaborador, deséxanlles  Bo Nadal e mellor Ano Novo.
Pedrouzos, decembro 2016

CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS

As coidadoras do comedor e persoal non docente do centro veñen de rematar un cursiño de primeiros auxilios desenvolto no centro en tres sesións de dúas horas cada unha. Rubén Martínez Suárez, que traballa no servizo da atención médica do 061 foi o encargado da Formación.

O curso, eminentemente práctico, proporcionou aos asistentes nocións básicas sobre o modo de proceder en caso de traumatismos, feridas, lesións, atragantamentos, parada cardiorrespiratoria e perdida da conciencia.

Agradecemos a participación e a interese no cursiño ás colaboradoras do comedor e a Rubén que de xeito desinteresado proporcionounos esta formación así como os materiais que se empregaron ao longo da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut